OS SOCIALISTAS DEMANDARÁN NOS ORZAMENTOS DO ESTADO UNHA VARIANTE Á N-550 EN AMES "QUE LIMITE O TRÁFICO PESADO E EVITE OS ACCIDENTES”

OS SOCIALISTAS DEMANDARÁN NOS ORZAMENTOS DO ESTADO UNHA VARIANTE Á N-550 EN AMES "QUE LIMITE O TRÁFICO PESADO E EVITE OS ACCIDENTES”

OS SOCIALISTAS DEMANDARÁN NOS ORZAMENTOS DO ESTADO UNHA VARIANTE Á N-550 EN AMES “QUE LIMITE O TRÁFICO PESADO E EVITE OS ACCIDENTES”

Os deputados do PSdeG no Congreso solicitarán unha partida específica nos Orzamentos Xerais do Estado para poñer en marcha a variante á Nacional 550 ao seu paso por Ames, co obxectivo de limitar o tráfico pesado e evitar os accidentes na zona.

Pilar Cancela mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Ames, José Miñones, dentro da rolda de contactos previa á elaboración dos orzamentos que os deputados e deputadas socialistas manteñen coas distintas agrupacións e concellos para coñecer as súas demandas.

“É necesario abrir un marco de negociación entre o concello, a Xunta e Ministerio de Fomento para buscar un arranxo definitivo á N-550, os orzamentos xerais deben ter en conta a situación e darlle unha solución”, apuntou Cancela.

“Esperemos que o goberno galego teña peso en Madrid para esta cuestión e non pase o que pasou coa AP-9 esta semana, na que o Partido Popular non respectou en Madrid un acordo unánime no Parlamento de Galicia”, engadiu a deputada socialista, que lamenta “a perda de poder e de influencia de Feijóo”.

Orzamentos da Xunta
Con respecto aos orzamentos galegos, Pilar Cancela manifestou que “aínda non coñecementos as contas polo miudo, pero a creación de emprego debe ser prioritaria, hoxe mesmo vemos como medrou o paro, sobre todo no sector servizos”. “Vixiaremos tamén a aposta polos sectores estratéxicos e os servizos públicos”, rematou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar