Os socialistas demandan unha comisión parlamentaria para facer da I+D+i "un elemento estrutural" na estratexia política de Galicia

Os socialistas demandan unha comisión parlamentaria para facer da I+D+i "un elemento estrutural" na estratexia política de Galicia

Os socialistas demandan unha comisión parlamentaria para facer da I+D+i "un elemento estrutural" na estratexia política de Galicia

losadaOs socialistas galegos demandaron hoxe a posta en marcha dunha comisión parlamentaria para facer da investigación e a innovación “un elemento estrutural” na estratexia política de Galicia, co obxectivo de elaborar un Pacto Autonómico pola I+D+i.

“É o último recurso tras moito tempo predicando no deserto, apostar pola innovación require estabilidade en termos políticos e orzamentarios, pero para Feijóo non é unha prioridade”, manifestou na presentación da proposición non de lei en comisión o portavoz de Economía e Industria do PSdeG, Abel Losada.

O gasto en I+D+i no ano 2013 situouse en Galicia no 0,86% do PIB, fronte ao 1,24% do PIB no conxunto de España. A taxa de variación respecto o ano anterior foi negativa nun 3,9 % en Galicia, superior nun 39% ao –2,8 % de España. “A axenda da Xunta nesta materia non é máis que a historia dun fracaso”, asegura Losada. O PP rexeitou a proposición non de lei e acusou aos socialistas galegos de “querer enredar sen aportar nada”.

“Os datos oficiais reflicten que a estratexia industrial da Xunta de Feijóo baséase na devaluación salarial e non na innovación para gañar competitividade”, lamenta o deputado socialista, que considera esta forma de facer política “equivocada desde un punto de vista económico e profundamente inxusta dende un punto de vista ético e social”.

“A axenda de industrialización do Goberno galego é mera propaganda, falamos dun sector estratéxico que perdeu máis de 50.000 postos de traballo desde 2009 e os recortes orzamentarios están xerando un retraso intolerable, con graves efectos para o desenvolvemento da ciencia e a innovación en Galicia”, afirmou Losada.

“Esta é a segunda lexislatura que non só está perdida para Galicia en termos de I+D+i, senón que estamos a vivir dúas lexislaturas de retroceso grave para a innovación e será moi complicado recuperar o tempo perdido”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar