Os socialistas demandan unha auditoría sobre a utilización das axudas e subvencións que recibiu nos últimos anos a Irmandade Galega de Caracas

Os socialistas demandan unha auditoría sobre a utilización das axudas e subvencións que recibiu nos últimos anos a Irmandade Galega de Caracas

Os socialistas demandan unha auditoría sobre a utilización das axudas e subvencións que recibiu nos últimos anos a Irmandade Galega de Caracas

Marisol SoneiraOs socialistas galegos demandaron hoxe en comisión unha auditoría sobre a utilización que a Irmandade Galega de Caracas fixo das axudas e subvencións que recibiu da Xunta nos últimos anos.

Nunha pregunta ao secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a deputada socialista Marisol Soneira fixo referencia a unha carta que a Comisión Coordinadora da Agrupación Galaica da Irmandade remitiulle a Miranda sobre a posible disposición irregular de subvencións e axudas da Xunta para fins distintos aos que deron lugar a súa concesión.

“Máis concretamente, falan dunha cantidade de 400.000 euros, durante os últimos dous anos, que a dirección da Irmandade Galega pretende destinar, en parte, a adquirir a un club de golf”, manifestou Soneira. “Sabemos que este escrito foi remitido a distintas administracións e persoas e esta difusión fixo que a Secretaría Xeral de Emigración nos remitise, a súa vez, a contestación que lle ten dado á Agrupación Galaica, resposta que non aborda, ao noso xuízo, os feitos gravísimos que se denuncian”.

“Non poño en cuestión a importancia da Irmandade, un punto de encontro para os galegos de Caracas e moi importante para as familias, pero a Xunta ten que investigar a posibilidade de que se houbesen xustificado as subvencións e outras axudas, recibidas pola Irmandade Galega de Caracas, con documentación que non se corresponde coa realidade”. Miranda limitouse a negar as posibles irregularidades sen dar información sobre o tema do club de golf.

Os socialistas demandan o número e a cuantía das subvencións destinadas á entidade nos últimos anos e se preguntan si “o goberno galego está en disposición de subvencionar con fondos públicos a entidades que teñen por finalidade adquirir campos de golf para o disfrute de elites minoritarias nun país, Venezuela, onde miles de galegos e galegas están sufrindo situacións persoais dramáticas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar