Os socialistas demandan que “o reparto dos fondos europeos inclúa ás deputacións e núcleos urbanos con menos de 20.000 habitantes”

Os socialistas demandan que “o reparto dos fondos europeos inclúa ás deputacións e núcleos urbanos con menos de 20.000 habitantes”

Os socialistas demandan que “o reparto dos fondos europeos inclúa ás deputacións e núcleos urbanos con menos de 20.000 habitantes”

Noela BlancoOs socialistas galegos demandaron hoxe no Parlamento que “o reparto dos fondos europeos inclúa ás deputacións e núcleos urbanos menores de 20.000 habitantes”. “O que estamos a reivindicar non é máis que a igualdade de oportunidades e un medio rural próspero”, asegurou Noela Blanco, portavoz de Asuntos Europeos do PSdeG.

Na presentación dunha proposición non de lei, rexeitada polo PP, Blanco lamentou que “dende que goberna o Partido Popular en Galicia e en Madrid os ataques ao municipalismo son constantes, como mostra esa nova Lei de Reforma Local que pretende limitar aos consistorios a execución de políticas sociais, de emprego, ou de apoio á educación”.

“A este ataque ao municipalismo hai que unir o abandono que sofre o noso medio rural, o que nos leva a que os menores de 30 anos sexan nos municipios de menos de 20.000 habitantes en Galicia o 4,2% da poboación”, afirmou a deputada socialista, que considera que “nesta asfixia económica a que se está sometendo aos concellos, os investimentos son máis necesarios que nunca”.

“Falando de investimentos, a xestión dos fondos comunitarios é desastrosa, do programa operativo FEDER 2007-2013 quedan por executar máis de 400 millóns de euros, situando a Galicia 15 puntos por debaixo da media do Estado no que a execución dos fondos se refire”, dixo.

Coa entrada do novo período 2014-2020 do programa operativo FEDER, Blanco critica que o Goberno do PP teña “a prioridade de que o desenvolvemento sustentable se leve a cabo en cidades ou áreas urbanas funcionais de máis de 20.000 habitantes, reducindo a capacidade dos municipios pequenos para optar a estas axudas comunitarias, e mesmo limitando o ámbito de actuación das Deputacións provinciais”.

“O Goberno de España non é quen, unha vez máis, de defender perante a Unión Europea a entidades que son de vital importancia para a organización territorial de todo o país, co consecuente risco de fenda entre medio urbano e rural, asestando un duro golpe aos municipios pouco poboados aos que deixa coas mans atadas ante a imposibilidade de que as Deputacións poidan concorrer á convocatoria para axudarlles a articular os fondos”, apuntou.

“Galicia é, polo seu carácter eminentemente rural, unha das comunidades máis afectadas, pois excluír dunha programación a estes municipios supón deixar fora ao 93% dos concellos, ás institucións de máis proximidade para máis dun millón trescentos mil galegos e galegas”, aseverou. A deputada socialista critica ademais que “o PP vote en contra desta iniciativa entrando en contradición co acontecido noutras institucións como a Deputación de Ourense, na que si a apoiaron”.

En opinión de Blanco, “deixar fóra da xestión destes fondos aos municipios de menos de 20.000 habitantes suporía botar por terra todo o traballo realizado ata agora, e estaríamos a actuar en contra da cohesión e a vertebración do mundo rural, os socialistas defendemos un medio rural mais próspero donde non haxa máis rapaces que teñan que dicir aquelo de 'Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Como quen di, un ninguén. E ademáis, pobre'”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar