Os socialistas demandan o recoñecemento por lei da Unión de Federacións Deportivas de Galicia

Os socialistas demandan o recoñecemento por lei da Unión de Federacións Deportivas de Galicia

Os socialistas demandan o recoñecemento por lei da Unión de Federacións Deportivas de Galicia

Carmen AcuñaOs socialistas galegos demandan o recoñecemento por lei da Unión de Federacións Deportivas Galegas (Ufedega), un aspecto fundamental para garantir o traballo da entidade.

A deputada Carmen Acuña e o secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), Aitor Bouza, mantiveron esta tarde no Parlamento unha reunión co presidente de Ufedega, Isidoro Hornillos, na que os representantes do PSdeG lle trasladaron o seu apoio para que se recoñeza o traballo da entidade dentro da Lei do Deporte de Galicia.

Na xuntanza de traballo, falouse tamén da loita de Ufedega contra a licenza única deportiva ou da necesidade de garantir os seguros deportivos sen que o custo sexa excesivo para as federacións e os clubes.

Os socialistas presentarán varias iniciativas no Parlamento e lembraron que no último Debate do Estado da Autonomía, o PPdeG rexeitou unha resolución socialista para modificar a lexislación e recoñecer a figura de Ufedega.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar