OS SOCIALISTAS DEMANDAN NO PARLAMENTO UN PLAN DE POSTA EN VALOR DOS ACTIVOS INMOBILIARIOS DA XUNTA

OS SOCIALISTAS DEMANDAN NO PARLAMENTO UN PLAN DE POSTA EN VALOR DOS ACTIVOS INMOBILIARIOS DA XUNTA

OS SOCIALISTAS DEMANDAN NO PARLAMENTO UN PLAN DE POSTA EN VALOR DOS ACTIVOS INMOBILIARIOS DA XUNTA

Os socialistas galegos demandaron hoxe no Parlamento un plan de posta en valor dos activos inmobiliarios da Xunta para optimizar o seu uso e aumentar os recursos públicos. A iniciativa foi rexeitada polo Partido Popular.

“Presentamos esta proposición non de lei con carácter construtivo, co obxectivo de seguir a senda da Administración xeral e doutros países europeos, que deron un paso máis aló na xestión dos recursos públicos”, afirmou o portavoz do PSdeG, José Luis Méndez Romeu.

“Temos que racionalizar as carteiras inmobiliarias públicas e transformalas, diferenciando entre as propiedades de carácter estratéxico e as que non o son”, afirmou o portavoz socialista, que considera que co plan “o goberno galego podería reducir o gasto en alugueres, optimizar a ocupación de espazos e incrementar os recursos públicos”.

“A Xunta ten unhas 5.000 propiedades inmobiliarias, nas que hai fincas rústicas, oficinas, solares, vivendas ou locais comerciais”, lembrou Méndez Romeu, que considera fundamental a iniciativa para “analizar o estado do inventario de bens e fixar unha liña de actuación”.

“Hai un elevado número de propiedades que están infrautilizadas e teñen custos de conservación, a tendencia é a de poñer en valor estes activos pero aquí en Galicia non a seguimos, non optimizamos os recursos públicos”, rematou o portavoz socialista.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar