Os socialistas demandan no Parlamento a "incorporación das cláusulas sociais nos contratos públicos da Xunta" para blindar as condicións laborais dos traballadores

Os socialistas demandan no Parlamento a "incorporación das cláusulas sociais nos contratos públicos da Xunta" para blindar as condicións laborais dos traballadores

Os socialistas demandan no Parlamento a "incorporación das cláusulas sociais nos contratos públicos da Xunta" para blindar as condicións laborais dos traballadores

“A contratación pública ten que ser responsable e o gasto xusto e útil, a inclusión das cláusulas non ten ningún tipo de impacto orzamentario”, afirma no pleno o deputado socialista Juán Carlos González Santín

“As empresas que traballan para a Administración non poden modificar de forma unilateral as condicións dos traballadores”, asegura

O PP rexeita a proposta e eloxia a reforma laboral aprobada polo Consello de Ministros no ano 2012

Os socialistas galegos presentaron hoxe no pleno do Parlamento unha proposición non de Lei para demandar á Xunta “a inclusión das cláusulas sociais nos contratos públicos da Administración autonómica”. Foi apoiada por BNG e AGE, pero rexeitada polo PP, que ademais eloxiou a reforma laboral do ano 2012.

Na súa intervención, o deputado Juán Carlos González Santín asegurou que o obxectivo das cláusulas, amparadas pola UE, é “garantir as condicións laborais dos traballadores e sancionar ás empresas que non cumpran o plan de emprego fixado na adxudicación”.

“A contratación pública ten que ser responsable e o gasto xusto e útil, a inclusión das cláusulas non ten ningún tipo de impacto orzamentario”, manifestou Santín, que defendeu que esta proposta, posta en marcha de forma pioneira pola Deputación de Lugo, “é agora moi necesaria para que as empresas que traballan para a Administración non modifiquen de forma unilateral as condicións dos traballadores”.

O Grupo Parlamentario Socialista considera imprescindible que o Goberno galego “controle e tutele” ás empresas concesionarias durante toda a duración do contrato. “A normativa autonómica, como o artigo 67 da Lei 10/2013 de inclusión social de Galicia ou o artigo 33 da Lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia, supuxeron tímidos avances neste ámbito, pero cunha visión moi limitada, circunscrita ás empresas de inserción laboral ou para as contratacións en función do seu índole social”, dixo Santín.

O PSdeG considera necesario que nos pliegos dos concursos quede fixado un porcentaxe para ponderar e valorar o plan de emprego e as condicións laborais para os traballadores que presenten nas súas ofertas as empresas que opten á adxudicación.

“As contratacións teñen que ter en conta que empresas ofrecen condicións mellores que nas fixadas no Estatuto dos traballadores ou nos convenios colectivos vixentes, ademais de facilitar a entrada no mercado laboral dos colectivos que teñen máis dificultades para facelo, loitando desta forma contra a exclusión social”, apuntou o deputado socialista.

Os socialistas apostan por “sancionar economicamente ou incluso rescindir o contrato con aquelas empresas que non cumpran as condicións laborais para os traballadores coas que optaron ao concurso”.

Na proposición non de Lei, os socialistas reflicten que “o marco laboral que creou a reforma laboral do PP outorgou máis poder ás empresas para poder modificar as condicións de traballo de xeito unilateral, levándose a cabo rebaixas salariais, aumento de traslados e, en xeral, perda nas condicións laborais; nos procesos de licitacións públicas, a modificación nas condicións laborais só se pode explicar para aumentar os beneficios da empresa ou para para enxugar as perdas por ofrecer ofertas á baixa”.

“É por iso que dende as administracións públicas se deben incluír cláusulas sociais que garantan a calidade do emprego das empresas adxudicatarias, así o inspira a Directiva 2014//24/UE do Parlamento Europeo e do Consello sobre Contratación Pública, e así o vén impulsando singularmente en Galicia a Deputación de Lugo”, engadiu Santín.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar