Os socialistas demandan mais medios para a arbitraxe dos afectados pola fraude das preferentes

Os socialistas demandan mais medios para a arbitraxe dos afectados pola fraude das preferentes

Os socialistas demandan mais medios para a arbitraxe dos afectados pola fraude das preferentes

A parlamentaria socialista Carmen Gallego defenderá no Pleno do Parlamento desta semana unha moción na que lle esixe ao Goberno de Feijóo “que dote con mais medios humanos e materiais o sistema de arbitraxe establecido no Instituto Galego de Consumo”, co obxecto de axilizar os procedementos e incluír a todas as persoas afectadas pola estafa.

Gallego reclama tamén que o goberno galego faga públicos os criterios de inclusión e exclusión no procedemento a fin de transparentar a súa concesión, e solicita asesoramento xurídico a todas aquelas persoas estafadas que así o requiran “para poder demandar xudicialmente ás entidades financeiras”.

A responsable socialista solicita finalmente que se esixa de NGB que notifique a súa situación actual a tódalas persoas que subscribiron participacións preferentes ou obrigas subordinadas.

Comisión de Seguimento

Anunciou que os socialistas veñen de propoñer ademais aos restantes grupos da Cámara a creación dunha Comisión de Seguimento do proceso de arbitraxe dos afectados pola fraude das preferentes e subordinadas en NGB, na que participen os propios afectados.

Gallego explica que esta proposta foi realizada polas plataformas de afectados pola estafa das participacións preferentes e obrigas subordinadas nunha xuntanza mantida esta semana no Parlamento.

Sinala que o obxecto deste órgano sería axilizar a arbitraxe, coñecer os criterios de inclusión na mesma e ter información puntual sobre os procesos xa iniciados, ademais de elevar propostas ao goberno para mellorar o proceso. Reclama ademais que o Parlamento dea cabida nesta Comisión ao Instituto Galego de Consumo e aos representantes das plataformas de persoas estafadas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar