Os socialistas demandan aos homes “que se impliquen tamén na igualdade” e defendan os dereitos das mulleres para acadar “unha sociedade máis xusta”

SONY DSCOs socialistas galegos amosaron hoxe unha vez máis a súa aposta pola igualdade de dereitos entre homes e mulleres, “rachando con moitos anos de discriminación e machismo” e animando á mocidade a loitar “por unha sociedade máis xusta”.

Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) sumouse a unha campaña que, baixo o lema Eu son feminista, e ti? e o hashtag en redes sociais #heforshe, aposta pola implicación dos homes na loita pola igualdade. Na presentación da iniciativa, celebrada na biblioteca Concepción Arenal de Santiago, contaron co apoio de Eva Martínez, secretaria de Igualdade da Executiva do PSdeG.

“Os homes teñen que participar nesta loita das mulleres polo dereito a decidir, hai pouco conseguimos botar atrás a reforma do aborto, pero as políticas do Partido Popular contribúen de feito a incrementar a discriminación, como vemos nos recurtes orzamentarios no Observatorio de Violencia de Xénero”, manifestou Eva Martínez.

Pola súa parte, o secretario xeral de XSG, Aitor Bouza, animou “á mocidade galega a dar pasos para que os homes se implican tamén na igualdade, o feminismo é igualdade e temos que rexeitar reformas que vaian en contra dos dereitos das mulleres”.

“Queremos unha sociedade igualitaria, sen discriminación laboral ou problemas cando as mulleres teñan que decidir sobre o seu corpo; si Mariano Rajoy, Núñez Feijóo ou Gallardón tiveran que facelo, as súas políticas serían ben diferentes”, engadiu Bouza.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar