Os socialistas demandan ao Goberno que non “entregue ás empresas privadas” o Plan Galego de Cooperación ao Desenvolvemento

Os socialistas demandan ao Goberno que non “entregue ás empresas privadas” o Plan Galego de Cooperación ao Desenvolvemento

Os socialistas demandan ao Goberno que non “entregue ás empresas privadas” o Plan Galego de Cooperación ao Desenvolvemento

“Se o que fai a Xunta e entregarlle unhas migallas ás ONGD’S, terá a nosa confrontación”, asegura Carmen Gallego

A portavoz de Políticas Sociais e Cooperación do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe no Parlamento ao Goberno galego de “cambiar o modelo de cooperación ao desenvolvemento para entregárllelo ás empresas privadas”.

Nunha pregunta oral ao Goberno no pleno da Cámara, Gallego manifestou que se o que fai a Xunta e entregarlle unas migallas as ONGD’S e beneficia a entidades privadas, “terá a nosa confrontación”.

A deputada socialista advertiu que a privatización é a folla de ruta do PP de Feijóo en tódalas políticas públicas, “e está claro que a cooperación ao desenvolvemento non será unha excepción”, cun cambio de rumbo drástico e “ideolóxico” no III Plan Director da cooperación galega para o desenvolvemento.

Gallego engadiu que a intención de Feijóo “se viña anunciando co brutal descenso de orzamentos dende a súa chegada ao goberno galego”, cun recorte do 64 por cento dos fondos para cooperación dende o ano 2010.

Carmen Gallego anunciou que os socialistas presentarán alegacións ao Plan Director incluíndo as demandas da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento no momento do seu trámite parlamentario.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar