Os socialistas demandan ao Goberno galego unha solución real para os afectados polo fraude das participacións preferentes e as obrigas subordinadas

Os socialistas demandan ao Goberno galego unha solución real para os afectados polo fraude das participacións preferentes e as obrigas subordinadas

Os socialistas demandan ao Goberno galego unha solución real para os afectados polo fraude das participacións preferentes e as obrigas subordinadas

“Hai 35.000 galegos que non puideron recuperar os seus aforros e Núñez Feijóo nin sequera quere reunirse con eles”, asegura a deputada Carmen Gallego

Os socialistas galegos reclamaron hoxe ao Goberno Galego que busque solucións para os 35.000 aforradores galegos que teñen aínda atrapados 500 millóns de euros no fraude das participacións preferentes e as obrigas subordinadas.

Nunha pregunta oral en Comisión, a deputada Carmen Gallego lembrou que que o sistema de arbitraxe ideado no seu día polo Goberno de Núñez Feijóo, a través do Instituto Galego de Consumo, non resolveu o problema e pechouse no pasado verán por unha decisión política inxusta.

Gallego manifestou que Novagalicia Banco estaba en mans do FROB o pasado verán e afirmou que Feijoo “anunciou primeiro que a arbitraxe resolvería a totalidade do problema para sacar réditos electorais, e ultimamente tratou de enganar de novo as persoas afectadas cunha arbitraxe xudicial que non existe”. O PSdeG lamenta ademais que o recurso aos tribunais supón o pago dunhas taxas xudiciais que moitos dos afectados non poden permitirse.

Na súa resposta, a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, limitouse a asegurar que o Goberno galego segue traballando para axudar aos aforradores, sen falar de ningunha medida en concreto.

“O Partido Popular non quere oír que foi durante os gobernos do PP en Galicia, incluíndo o Goberno Feijóo, cando se emitiron as participacións preferentes e obrigas subordinadas que ocasionaron esta masiva estafa, e sortea unha e outra vez ás plataformas de persoas afectadas, coas que continúa sen querer reunirse”, manifestou Gallego.

“A venda precipitada de Novagalicia Banco a Banesco, ademais da perda de entrada de máis de 8.000 millóns de euros, provocou que agora as persoas afectadas están máis alarmadas que nunca, sen obter respostas do seu Goberno nin o amparo que merecen”, engadiu Gallego, que solicitou ao Goberno galego que cumpra “os acordos acadados no Parlamento de Galicia para procurar a devolución do total do diñeiro ás persoas estafadas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar