Os socialistas demandan á Xunta unha estratexia consensuada para garantir “a presenza de Galicia no novo escenario político, económico e cultural de Cuba”

Os socialistas demandan á Xunta unha estratexia consensuada para garantir “a presenza de Galicia no novo escenario político, económico e cultural de Cuba”

Os socialistas demandan á Xunta unha estratexia consensuada para garantir “a presenza de Galicia no novo escenario político, económico e cultural de Cuba”

Marisol SoneiraOs socialistas galegos anunciaron hoxe unha batería de iniciativas parlamentarias para demandar á Xunta “unha estratexia en colaboración e consenso co resto das forzas políticas” para garantir “a presenza de Galicia no novo escenario de Cuba, temos que xogar alí un papel importante”.
“Temos que defender os intereses dos galegos alí residentes, recuperar o patrimonio colectivo e identitario de Galicia, aumentar as relacións comerciais e fomentar os lazos históricos, culturais e económicos entre Galicia e Cuba”, asegurou en rolda de prensa a deputada Marisol Soneira. Os socialistas rexistraron na Cámara unha interpelación, así como unha proposición non de lei e unha pregunta oral para a súa resposta en pleno e en comisión (documentos adxuntos).
“Os lazos de Galicia con Cuba son seculares, a pegada da emigración española, e moi especialmente a galega, neste país é das mais relevantes e sirva como exemplo o proceso de acceso á nacionalidade dos netos de españois de orixe, posto en marcha pola Lei de Memoria Histórica, onde case o 2% da poboación cubana solicitou acollerse a mesma”, manifestou Soneira.
Outro dato relevante é a evolución do Censo de Españois Residentes ausentes en Cuba, que pasou de 26.000 inscritos en 2006 aos máis de 111.000 que figuran na actualidade, dos que practicamente a cuarta parte están inscritos nalgunha das catro provincias galegas.
“As relacións políticas de Galicia e de España con Cuba sempre foron privilexiadas ate a chegada de Aznar ao Goberno de España”, apuntou Soneira, que destacou “as iniciativas de Manuel Fraga e de Emilio Pérez Touriño, que continuou na mesma senda e mesmo implicou ao Goberno de Cuba na organización e celebración de relevantes eventos cunha gran carga identitaria, como foi a celebración do centenario do himno galego”.
A deputada socialista lamenta que “a día de hoxe estamos alleos á realidade de Cuba xusto cando se dan as circunstancias para que Galicia poida xogar un papel importante, xa que os vínculos culturais, sociais, económicos e afectivos foron unha constante histórica”.
“De aí as nosas propostas, construtivas e con ánimo de contribuír ao que sempre foi a nosa vocación neste país: servir de ponte, ser interlocutores coa Unión Europea e co mundo e defender os intereses dos galegos, tanto os materiais como os inmateriais”, engadiu Soneira.
“Galicia pode xogar un papel relevante neste novo escenario político onde este país irmán, de xeito irreversible, camiña na integración internacional e na procura do seu desenvolvemento económico, na democratización do seu modelo político e na modernización social, todo indica que se abre un novo escenario de oportunidades para Cuba e para quen teña a capacidade e a altura política necesarias de participar neste proxecto”, rematou a socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar