Os socialistas demandan á Xunta “un plan de viabilidade fiable para a Semana Verde de Silleda”, un recinto que debe servir de dinamización para o sector agrario galego

“Vostedes o ven como un problema, prometeron un aumento na actividade do recinto que non chega”, afirma Pablo García

O deputado socialista Pablo García demandou hoxe á Xunta “un plan de viabilidade fiable para o recinto da Semana verde de Silleda”, que debe servir como motor de dinamización do sector agrario galego.

“No pasado mes de decembro, nomearon un novo director xerente da Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán, unha persoa sen ningunha experiencia na xestión de vendas e de recintos feriais”, manifestou García nunha pregunta ao Goberno no pleno de Parlamento.

“Prometeron co cambio na xerencia que o recinto camiñaría cara a autofinanciación e nese momento garantan un plan de viabilidade da fundación que aseguraba a supervivencia da empresa e dos postos de traballo, pero o pasado 5 de marzo, con alevosía e nocturnidade, o director xerente anunciaba o despido de sete empregados”, manifestou o deputado socialista.

Na súa resposta, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, non concretou plans para o recinto, limitándose a asegurar que as cousas se están “facendo ben”. Pablo García lembrou o prometido por Rueda no pasado mes de decembro e demandou o plan de viabilidade anunciado pola Xunta “e as actividades que están previstas para o segundo semestre”.

Os socialistas lamentan que para a Xunta non sexa estratéxica nin importante a Semana Verde, “vostedes o ven como un problema, aplicaron un axuste e prometeron un aumento de ingresos por unha suba da actividade que non chega nin parece que chegará”, engadiu García.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar