Os socialistas demandan á Xunta un estudo das repercusións de posibles fusións nos concellos

Os socialistas demandan á Xunta un estudo das repercusións de posibles fusións nos concellos

Os socialistas demandan á Xunta un estudo das repercusións de posibles fusións nos concellos

O Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista Jose Luis Méndez Romeu anunciou hoxe que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias nas que esixe ao Goberno de Feijoo “presentar no Parlamento no prazo de dous meses, un estudo das repercusións das posibles fusións de concellos, considerando os aspectos de viabilidade económica, integración fiscal e de servizos, así como da afección na prestación de servizos públicos”.

O deputado aludiu ao anuncio feito publico polo Presidente da Xunta no Debate do Estado da Autonomía. Dixo que logo de debullar durante hora e media tópicos, estatísticas amañadas e outras armas da dialéctica parlamentaria que non podían tapar o máis evidente, a falla de resultados tanxibles na economía e na sociedade galegas logo de tres anos de Goberno popular, o presidente alumeaba unha sorpresa branca, a fusión de dous pequenos concellos.

Méndez Romeu dixo que esta “nova ten vida propia”. No Ministerio de Facenda, na Moncloa, a iniciativa sorpresa do presidente Feijoo, está a ser diseccionada, analizada, sopesada. Unha nova idea para un

tempo de crise, e sen necesidade de incrementar o gasto en I+D, fortemente contraído dende 2009.

O parlamentario asevera que a “achega galega a un problema ben coñecido, merece unha análise que explore os obxectivos perseguidos, os datos económicos, demográficos e de xestión que xustifiquen o proceso, así como o coñecemento das axudas que outras Administracións poidan aportar para garantir o éxito do proceso”, expuxo.

Mais polo miúdo sinala que estes dous municipios coruñeses Oza e Cesuras, con poboación recesiva e taxas de reposición máis baixas ca media española, advirte que a súa fusión “non resolverá problemas demográficos e manterá un habitat moi disperso con custos notables para a prestación de servizos”. Recollida de lixo, abastecemento de auga, acceso aos centros de saúde e de ensino existentes, etc, son os problemas que deben ser explicitados así como os datos de tributos locais, financiamento dos servizos e repercusión na estrutura dotacional.

Nunha interpelación rexistrada reclama explicacións sobre si existen procesos en curso para a fusión de concellos galegos?, no seu caso ¿cales son?. Que procedementos de consulta da vontade popular foron implementados en cada un deles e cales foron os resultados?.

Tamén quere coñecer que estudos de viabilidade foron feitos?. E si quedarán garantidos os servizos públicos coa estrutura actual ou serán unificados?. E por ultimo que avaliación fai o Goberno galego da necesidade de fusionar concellos?.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar