Os socialistas demandan á Xunta que retome o servizo de noitebús "para mellorar a seguridade viaria" e pola "importancia que tiña entre a mocidade"

Os socialistas demandan á Xunta que retome o servizo de noitebús "para mellorar a seguridade viaria" e pola "importancia que tiña entre a mocidade"

Os socialistas demandan á Xunta que retome o servizo de noitebús "para mellorar a seguridade viaria" e pola "importancia que tiña entre a mocidade"

O secretario xeral de Xuventudes Socialistas demanda no Parlamento de Galicia campañas de sensibilización “máis preto da cidadanía” e nos centros educativos para reducir os accidentes

Noitebús O secretario xeral de Xuventudes Socialistas, Aitor Bouza, demandou hoxe á Xunta no Parlamento de Galicia a posta en marcha de novo do servizo de Noitebús, “co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e pola importancia que tiña entre a mocidade”.

Bouza participou hoxe na Comisión non permanente de estudo sobre a seguridade viaria en Galicia, onde manifestou que “o Noitebús era un servizo que funcionaba, unha medida con gran éxito e aceptación entre os máis novos e non todos os xóvenes que empregan o Noitebús teñen por que consumir alcohol”.

“E independentemente de que consuman alcohol ou non, o Noitebús contribúe na mellora da seguridade viaria, porque de madrugada as condicións de condución vense mermadas en calquera caso”, afirmou.

Na súa intervención na comisión, Bouza dixo que “o Noitebús iguala aos xóvenes galegos, xa que non todos os mozos e mozas teñen coche propio, ou ben por ser menores de idade ou por non ter recursos económicos”. Esta iniciativa foi posta en marcha no ano 2006 polo PSdeG, e suprimida en 2010 pola Xunta do PP.

Á marxe do Noitebús, Bouza afirmou que “a formación en materia de seguridade vial é fundamental para unha boa convivencia cidadá e que entre todos e todas poidamos contribuír a reducir os riscos e aumentar a seguridade dos nosos convenciños; todos os centros educativos deberían incluír no seu Plan de centro accións tendentes á formación e sensibilización nesta materia”.

O secretario xeral de Xuventudes Socialistas rematou engadindo que “un bo plan de seguridade viaria deberá contemplar a vixía e cumprimento efectivo da conservación das vías, sobre todo das secundarias, así como fomentar o transporte público”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar