Os socialistas demandan a supresión dos avais para a concesión dos créditos do Plan Ferrol co obxectivo de dinamizar a economía da comarca e frear o desemprego

Os socialistas demandan a supresión dos avais para a concesión dos créditos do Plan Ferrol co obxectivo de dinamizar a economía da comarca e frear o desemprego

Os socialistas demandan a supresión dos avais para a concesión dos créditos do Plan Ferrol co obxectivo de dinamizar a economía da comarca e frear o desemprego

A deputada Beatriz Sestayo lamenta a “actitude pasiva e incompetente” da Xunta e do Goberno de Rajoy

O PP rexeita unha visita da Comisión de Industria a Ferrol, unha solicitude do grupo parlamentario socialista para escoitar aos empresarios e axentes socioeconómicos da cidade

Os socialistas galegos demandaron hoxe no Parlamento de Galicia a supresión dos avais para a concesión dos créditos do Plan Ferrol, co obxectivo de dinamizar a economía da comarca e frear o desemprego. A taxa de paro na cidade é do 33%, “ante a actitude pasiva e incompetente do PP”, manifestou a deputada Beatriz Sestayo.

Na explicación dunha proposición non de lei presentada hoxe polos socialistas na Comisión de Industria e rexeitada polo PP, Sestayo criticou que a Xunta e o Goberno central “esnaquizaron o Plan Ferrol, un instrumento específico de dinamización con créditos a interese cero do Goberno de Zapatero e ao que se sumou o Goberno de Emilio Pérez Touriño, creando centos de postos de traballo durante o seu funcionamento”.

“O PP paralizou un acordo acadado por primeira vez entre os sindicatos, empresarios e operadores socioeconómicos da cidade, mudando as condicións das axudas e dos créditos que precisan os emprendedores neste momento”, explicou a deputada socialista. O Grupo Popular rexeitou tamén hoxe a proposta de PSdeG para que a Comisión de Industria faga unha visita a Ferrol.

Dende o 2009, os Gobernos de Feijóo e Rajoy impuxeron no Plan Ferrol condicións como a esixencia de avais e o endurecemento das condicións de crédito, “que produciron que lamentablemente as partidas destinadas quedaran sen executar e devolvéndose a outros puntos do Estado; de feito, o tecido empresarial de Ferrol foi unánime nas críticas ás medidas do PP”, dixo Sestayo.

Nos últimos catro anos, o sector naval de Ferrol perdeu preto de 4.000 traballadores fronte aos 2.000 empregos que Feijóo prometeu na campaña electoral de 2009. “Non se sabe nada do dique flotante, nin do flotel, nin dos remolcadores, nin dos quimiqueiros, ao marxe de longa e tráxica lista de empresas que víronse desmanteladas e agredidas por unha Xunta incomprensiva”, afirmou a deputada socialista.

“A comarca de Ferrol está a pasar o momento máis duro da súa historia democrática e a Xunta está ausente e sen folla de ruta, por iso lle demandamos ao PP que rectifique o endurecemento das condicións impostas no Plan Ferrol, suprimindo a esixencia de avais e facilitando as condicións de préstamos nas condicións acordadas antes da chegada dos gobernos do PP para a dinamización e promoción dun instrumento útil para a economía e o emprego en Ferrolterra”, engadiu Sestayo, pero a solicitude que foi rexeitada na Comisión polo PP.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar