Os socialistas demandan a posta en marcha de medidas de prevención contra a violencia de xénero “para avanzar na igualdade real entre homes e mulleres”

Os socialistas demandan a posta en marcha de medidas de prevención contra a violencia de xénero “para avanzar na igualdade real entre homes e mulleres”

Os socialistas demandan a posta en marcha de medidas de prevención contra a violencia de xénero “para avanzar na igualdade real entre homes e mulleres”

13011533914_847c592c2b_kOs socialistas galegos demandan a posta en marcha de iniciativas e campañas de prevención contra a violencia de xénero “para avanzar na igualdade entre homes e mulleres”, con especial atención aos centros educativos.

O PSdeG rexistrou varias iniciativas no Parlamento nas que denuncian “datos que, cando menos, podemos cualificar como alarmantes e preocupantes”, como o que reflicte que un de cada tres mozos de 15 a 29 anos considera “inevitable” controlar a súa parella.

A secretaria de Igualdade dos socialistas galegos, Eva Martínez, e a deputada Carmen Acuña, lembran que “as novas tecnoloxías están sendo empregadas a día de hoxe polos mozos e mozas para poder controlar, dominar e mesmo ameazar ás súas parellas”.

Para o PSdeG, tanto os sucesivos recortes que se teñen producido en políticas de igualdade por parte do Goberno do Estado como da Xunta de Galicia, “como as medidas lexislativas propostas por estes gobernos da dereita máis conservadora están detrás deste retroceso, fomentado ademais con medidas como a supresión da sinatura Educación para a Cidadanía, unha materia que defendía estes valores”.

Por este motivo, os socialistas pedirán na Cámara o apoio dos grupos para instar á Xunta a desenvolver as campañas de sensibilización e a “asinar un convenio coa Universidade para que realice un estudo no que se avalíe a incidencia das novas tecnoloxías en condutas agresivas, ameazantes e de control por parte de adolescentes”. Demandan tamén a recuperación “como materia a Educación para a Cidadanía, xa que incluía contidos fundamentais para acadar a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar