Os socialistas demandan a incorporación ao sistema público de saúde do novo fármaco contra a Hepatite C, do que se beneficiarían 60.000 galegos

Os socialistas demandan a incorporación ao sistema público de saúde do novo fármaco contra a Hepatite C, do que se beneficiarían 60.000 galegos

Os socialistas demandan a incorporación ao sistema público de saúde do novo fármaco contra a Hepatite C, do que se beneficiarían 60.000 galegos

pachi preguntaO coportavoz de Sanidade dos socialistas, Manuel Pachi Vázquez, demandou no pleno cunha proposición non de lei, rexeitada polo PPdeG, que “a Xunta realice as xestións necesarias” para a incorporación do novo fármaco contra a hepatite C ao catálogo de medicamentos do sistema público de saúde.

“A hepatite C é unha enfermidade vírica que afecta a 60.000 persoas en Galicia, aínda que a metade poden non sabelo”, afirmou Vázquez. É a principal causa de cirrose e de cancro de fígado, sendo a responsable de aproximadamente dez mil mortes ao ano en España. Colectivos de doentes asistiron hoxe ao pleno da Cámara.

Ata o de agora se trataba cunha combinación de medicamentos, Interferon e Ribavirina, que acadaban índices baixos de curación e que producían graves efectos secundarios, “pero recentemente prodúcese un grande avance científico co descubrimento dun fármaco, o Sofosbuvir, comercializado por unha empresa norteamericana e que está revolucionando o tratamento desta enfermidade con taxas de curación que superan o 90%”.

Este medicamento, aprobado pola Axencia Europea do Medicamento dende o mes de xaneiro, ten un altísimo prezo, máis de 60.000 euros, e esta é a causa pola que o Ministerio de Sanidade non o inclúe no catálogo de medicamentos do Sistema Nacional de Saúde, salvo en casos de doentes transplantados, a punto de ser transplantados ou con risco de morrer no prazo dun ano.

“Esta situación, xunto ca gravidade de numerosos doentes afectados pola enfermidade, está a producir frustración e desesperación ante a lentitude e as dificultades para acceder a este tratamento nas mesmas condicións que o fan os doentes en países coma EEUU, Alemaña, Francia, Holanda, Suecia ou Dinamarca”, manifestou Vázquez.

O socialistas galegos solicitaron polo tanto á Xunta que “se dirixa ao Goberno central e lle solicite a incorporación do Sofosbuvir no catálogo de medicamentos, ademais de facilitar á Comisión de Seguimento do Virus de Hepatite C, constituída no Servizo Galego de Saúde, os instrumentos necesarios para axilizar os tratamentos aos doentes afectados”. “Non podemos condicionar a curación dos doentes a criterios económicos, temos que darlle esperanza a miles de galegos e galegas”, engadiu Vázquez.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar