Os socialistas demandan a comparecencia urxente de Rueda para dar explicacións ante o aumento de casos de violencia de xénero

Os socialistas demandan a comparecencia urxente de Rueda para dar explicacións ante o aumento de casos de violencia de xénero

Os socialistas demandan a comparecencia urxente de Rueda para dar explicacións ante o aumento de casos de violencia de xénero

Os socialistas galegos rexistraron hoxe no Parlamento unha iniciativa na que demandan a comparecencia urxente en pleno e comisión do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, para dar explicacións das medidas que pensa levar a cabo a Xunta ante o aumento de casos de violencia de xénero.

“Seis mulleres faleceron no que vai de ano en Galicia pola lacra da violencia machista, mentres a Xunta rebaixa ano tras ano os orzamentos de prevención e asistencia ás vítimas”, asegura Eva Martínez, secretaria de Igualdade da Executiva do PSdeG.

Os socialistas lembran que o Goberno de Feijóo reduciu nun 80% as partidas da Secretaría Xeral da Igualdade, que pasaron de 60 millóns de euros en 2009 a 12,3 millóns este ano. Ademais, caeu nun 55% o orzamento para os programas de prevención da violencia e a promoción da igualdade nos concellos. No ano 2013, tan só foron emitidos 211 informes para a incorporación de mulleres vítimas aos programas de inserción laboral -un 19%- e só participaron nos programas de cooperación 56 mulleres vítimas -un 5,2%-.

Eva Martínez esixe ao Goberno central e á Xunta que “reaccionen” ante a dramática escalada na cifra de mulleres asasinadas, comezando por repoñer “de maneira inmediata” os fondos que recortaron sucesivamente, para así poder desenvolver todos os instrumentos de prevención e protección previstos pola Lei integral contra a Violencia de Xénero.

“O vicepresidente Rueda está ausente, debe comparecer e dar explicacións, non podemos permitir que se poña freo a unha loita iniciada durante os gobernos socialistas a nivel executivo e lexislativo para rematar dunha vez por todas con esta lacra”, engade Martínez, que pide “un pacto político e social ante un problema de Estado”, como veñen reclamando os socialistas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar