Os socialistas defenderán as propostas de UGT e CC.OO. no debate de orzamentos

Os socialistas defenderán as propostas de UGT e CC.OO. no debate de orzamentos

Os socialistas defenderán as propostas de UGT e CC.OO. no debate de orzamentos

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, presentará as propostas dos sindicatos UGT e CC.OO. no debate dos orzamentos da Xunta para o ano 2012 no Parlamento. Así o dixo logo dunha xuntanza cos representantes de emprego dos sindicatos á que tamén asistiu a portavoz de Facenda e Orzamentos, María José Caride.

Os socialistas galegos recolleron o documento de avaliación sobre as contas da Xunta para o ano 2012 elaborado polas forzas sindicais para incorporar estas aportacións ás emendas socialistas. Losada salientou a “concordancia nos déficits amosados polas contas da Xunta e os plantexamentos e obxectivos para defender a través das emendas do Grupo Socialista”.

O portavoz socialista salientou a concordancia cos sindicatos en que os orzamentos evidencian a “derrota fronte á crise” cun goberno que “tira a toalla e renuncia a introducir políticas destinadas á reactivación económica e do emprego”. Ademais, salientou a estratexia de Feijóo de proceder a “unha inadmisible redución de servizos públicos”.

Losada explicou que os socialistas reclamarán un incremento de ingresos gravando as rendas e patrimonios mais altos, utilizando a recadación para garantir os servizos públicos e aforrando a través da redución da administración paralela, os gastos inmateriais ou os gastos en publicidade e propaganda e gabinetes do Goberno.

Grazas a este incremento nos ingresos e a redución dos gastos, sería posible acadar 408 millóns de euros adicionais, dos que dúas terceiras partes poderían ser investidos no reforzo dos servizos públicos como educación, sanidade e servizos sociais, e unha cuarta parte para a reactivación económica e o emprego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar