Os socialistas defenden a transferencia de competencias da AP9 como “a base do noso artellamento territorial”

Os socialistas defenden a transferencia de competencias da AP9 como “a base do noso artellamento territorial”

Os socialistas defenden a transferencia de competencias da AP9 como “a base do noso artellamento territorial”

O deputado socialista Raúl Fernández defendeu a reclamación ó Goberno central dunha “infraestrutura de primeira división, base do noso artellamento territorial”  na súa intervención sobre a Proposición de Lei para pedir a transferencia da AP9.

“A función principal desta infraestrutura é a conexión das áreas urbanas entre si: conecta seis das áreas máis poboadas e os tres aeroportos galegos. E ten tamén un papel meritorio na súa conexión externa con Portugal,” argumentou.

O deputado socialista insistiu na importancia de conseguir a competencia desta infraestrutura para “rematar cunha xestión que presenta deficiencias”, instando ó goberno galego a “vencer á resistencia do PP no Congreso”. E defendendo que “se hai consenso en Madrid, aquí a negociación será rápida”.

Así, criticou que “as elevadas peaxes limitan os beneficios da nosa productividade e a nosa competitividade”, insistindo en que esta infraestrutura “ten que significar un valor engadido para os galegos e as galegas, non para a concesionaria á costa dos galegos e as galegas”, algo que “só será posible se conseguimos a transferencia e a xestión das competencias”.

 

Un “falso argumento para o veto”

O portavoz socialista de infraestruturas afeou que o PP leve tempo empregando como “falso argumento para o veto” unha “suposta función de conexión internacional con Portugal”, explicando que a AP9 “discorre íntegramente en Galicia, dende Ferrol ata tres quilómetros antes da fronteira”.

Neste senso recalcou que “a AP9 forma parte da rede transeuropea de transportes, e coa transferencia á Xunta seguiría tendo a mesma condición”, polo que “manter o veto non sería entendible” e suporía “unha acción discriminatoria para Galicia”.

Patricia Torres

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar