Os socialistas de Ourense presentan no Valedor máis de 4.000 sinaturas reclamando a reposición do servizo de cirurxía pediátrica

Os socialistas de Ourense presentan no Valedor máis de 4.000 sinaturas reclamando a reposición do servizo de cirurxía pediátrica

Os socialistas de Ourense presentan no Valedor máis de 4.000 sinaturas reclamando a reposición do servizo de cirurxía pediátrica

Carmen Acuña advirte que o traslado a Vigo pode poñer en perigo a menores con patoloxías que esixen atención “nun prazo moi breve”

Os socialistas de Ourense presentaron hoxe na Oficina do Valedor do Pobo, na súa calidade de Valedor do Menor, un total de 4.049 sinaturas recollidas na provincia para reclamar a reposición do servizo de cirurxía pediátrica no Hospital de Ourense. Os deputados socialistas ourensáns acudiron esta mañá ao Valedor xunto co Grupo Provincial de Sanidade do PSdeG e Xuventudes Socialistas.

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, explicou que estas sinaturas “reflicten o sentir da cidadanía ourensá” en contra da decisión do goberno de Feijóo de suprimir o servizo de cirurxía pediátrica. Explicou que pode poñer en risco a menores da provincia que sufran patoloxías “que teñen que ser atendidas nun prazo moi breve, que si temos que trasladalos a Vigo en algunha ocasión non se poderá cumprir”.

Reclamoulle ao goberno galego que “recapacite e cambie unha decisión que xa nos ten dado un susto importante”, en alusión ao menor que tivo que ser trasladado a Vigo para unha operación por unha torsión testicular, co conseguinte risco pola lentitude na intervención.

Acuña anunciou que os socialistas galegos continuarán reclamando a reposición do servizo dende a Cámara autonómica, a través de iniciativas parlamentarias de impulso e de control ao goberno galego.

Sinala que a decisión de fusionar cirurxía pediátrica de Vigo e Ourense deixa sen este servizo ao hospital ourensá os festivos e tódolos días a partir das 3 da tarde, situando a gran parte da poboación lonxe da franxa de seis horas para ser atendido que precisan as urxencias cirúrxicas que esixen atención inmediata.

Este documento foi entregado polos deputados socialistas de Ourense Pachi Vázquez, Carmen Acuña, Raúl Fernández e María Quintas, que acompañaron á responsable de sanidade da executiva provincial, Cándida Pérez, nunha visita na que tamén participou o secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor Bouza, e o coordinador provincial de XSG, Mario Tarrío.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar