Os socialistas de Ourense consideran "intolerable" que os pacientes con cancros teñan que esperar por mor dos recortes de Feijóo

Os socialistas de Ourense consideran "intolerable" que os pacientes con cancros teñan que esperar por mor dos recortes de Feijóo

Os socialistas de Ourense consideran "intolerable" que os pacientes con cancros teñan que esperar por mor dos recortes de Feijóo

O Secretario Provincial e candidato por Ourense ao Parlamento de Galicia, Raúl Fernández, sentenciou que “é intolerable que os pacientes con cancros no estén atendidos en tempo e forma por mor da política do recorte de Feijoo”. Fixo estas declaracións no mitin de Amoeiro onde estivo acompañado polo alcalde, Rafael Villarino, e polo secretario de política Municipal do PSOE, Gaspar Zarrías.

O candidato socialista, logo de coñecer a información publicada nun medio de comunicación, asegurou que “non se pode permitir un recorte máis en sanidade, a saúde das persoas e o primeiro polo que ten velar un goberno, o PP e Feijoo non poden permitir que os ourensáns que padecen procesos tumorais non sexan atendidos como deben”.

Neste senso, Fernández dixo que “a sanidade debe ser pública e de calidade para todos os cidadáns, non se pode xogar coa saúde da xente, nin moito menos que sexan os cidadáns a conta da súa saúde os que paguen a crise”.

Fernández dixo “ A Feijoo non lle interesa nin os problemas nin a saúde dos galegos e el so lle interesa usar coches oficiais do Goberno de España para facer campaña, feito que terá que explicar”. “Sabemos que o avión que utilizou é dun millonario do PP, sabémolo, pero o Mercedes que o levou ata o avión é da Embaixada Española”, aseverou.

Neste senso, reiterou que “Feijoo utilizou un coche oficial do Goberno para facer campaña electoral e debe explicalo, pero explicalo con veracidade que non nos volva a contar outra mentira”.

Pola súa banda Gaspar Zarrías, asegurou que “neste momento hai miles de persoas a expectativa do que pase en Galicia o 21 de outubro. Galicia pode ser o dique de contención desta política de recorte e falsa austeridade de Rajoy que levan ao noso país á ruína”

“Unhas políticas de destrución de emprego, avaladas por unha reforma laboral, inxusta que claramente lonxe de crear emprego o destrúa e que aposta claramente polo beneficio do empresario en detrimento dos dereitos dos traballadores”, sentenciou

Os socialistas aseguraron que está en mans da cidadanía porlle fin a estas política que recortan dereitos e privatizan servizos e iso se consigue votando PSdeG.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar