Os socialistas de Ourense apelan á unidade de toda a sociedade ourensana para que o Goberno garanta o AVE a ourense con plenas características de alta velocidade

Os socialistas de Ourense apelan á unidade de toda a sociedade ourensana para que o Goberno garanta o AVE a ourense con plenas características de alta velocidade

Os socialistas de Ourense apelan á unidade de toda a sociedade ourensana para que o Goberno garanta o AVE a ourense con plenas características de alta velocidade

O secretario provincial do PSdeG-PSOE e a deputada ourensá en Cortes presentáronlle á Confederación Empresarial de Ourense la Proposición non de Lei coa que os socialistas esixen ao Goberno a variante exterior

"O Goberno pon en risco a alta velocidade a Galicia"

O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense e voceiro de infraestruturas no parlamento de Galicia, Raúl Fernández, e a deputada socialista ourensá nas Cortes, Laura Seara, reuníronse coa Confederación Empresarial de Ourense co fin de presentarlle aos empresarios a Proposición non de Lei que os socialistas presentaron no Congreso sobre a integración da AVE en Ourense.

Os socialistas destacan que "nestes momentos, o Goberno do PP está a poñer en risco a alta velocidade a Ourense e, polo tanto, a Galicia". Por iso, sinalan que "é esencial a unidade das forzas políticas e axentes económicos e sociais da provincia para que o Goberno manteña para a integración da AVE na cidade un proxecto con plenas características de alta velocidade".

A Proposición non de Lei socialista insta así ao Goberno a casino na internet garantir que a integración urbana da AVE na cidade de Ourense se realizará de acordo ao proxecto vixente actualmente e con características de alta velocidade, así como a que o Goberno licite á maior brevidade as obras de construción dos dous tramos nos que se subdividiu a integración urbana na capital ourensá, Taboadela-Seixalbo e Seixalbo-Estación de Ourense, últimos tramos pendentes da Liña de Alta casino en ligne paypal Velocidade entre Galicia e Madrid.

Os socialistas ourensáns advirten que "se Fomento cancela o proxecto vixente e aproveita" o actual trazado, "o trazado da vergoña", estará a manter un trazado do século XIX non apto para alta velocidade nunha liña de alta velocidade do século XXI condenando así a AVE a Galicia a ser o único do Estado que non terá realmente características de alta velocidade".

Deste modo, instan o Goberno a que garanta a execución dos tramos Taboadela-Seixalbo e Seixalbo-Estación de Ourense de acordo á declaración de impacto ambiental aprobada en 2011 polo Goberno Socialista e que supón a construción da variante exterior.

Para os socialistas ourensáns, "a falta de respecto do Goberno aos ourensáns e aos galegos é intolerable". "Levan máis dun ano dicindo que están a estudar se facer ou non o soterramento que sempre defenderon e agora sementan dúbidas sobre se realizarán o proxecto aprobado que si era alta velocidade ou aproveitarán un trazado que non permite a alta velocidade".

Neste sentido recordan que o soterramento -que encarecería a integración da AVE na cidade en máis de 400 millóns de euros- foi unha continua esixencia dos populares cando estaban na oposición e que o Goberno Socialista xa descartou por inadecuado.

"Coa chegada do PP ao Goberno en Madrid as contradicións e as mentiras sobre a Alta Velocidade a Ourense e a Galicia foron constantes" -sinalan. "Os ourensáns e os galegos merecemos saber cal é o proxecto de alta velocidade do PP". "Esperemos que o Goberno escoite agora o clamor de toda a sociedade ourensana por unha AVE que sexa realmente de alta velocidade; un clamor ao que xa se suman mesmo algúns membros do propio PP".

Os socialistas anunciaron que presentarán iniciativas similares no Parlamento de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar