Os socialistas de Galicia pechan a campaña das europeas co convencemento de que “o cambio é posible” se a maioría social acode ás urnas o domingo

Os socialistas de Galicia pechan a campaña das europeas co convencemento de que “o cambio é posible” se a maioría social acode ás urnas o domingo

Os socialistas de Galicia pechan a campaña das europeas co convencemento de que “o cambio é posible” se a maioría social acode ás urnas o domingo

O PSdeG mantivo reunións con todos os sectores produtivos e colectivos sociais da autonomía, aos que lles trasladou “a importancia dun Goberno socialista en Europa para saír da crise con igualdade”

Xunto a José Ramón Gómez Besteiro, José Blanco e Pilar Cancela, estiveron en Galicia Elena Valenciano, Rubalcaba, Zapatero, Madina, Patxi López e Alfonso Guerra

Pilar CancelaO Partido Socialista de Galicia pecha esta noite en Santiago a súa campaña electoral para as eleccións europeas, despois de numerosos mítines e centenares de actos na rúa con todos os sectores produtivos e colectivos sociais nas catro provincias.

“O cambio é posible, é algo que vimos nesta campaña; o cambio depende de cada un de nós, temos que votar o domingo para non seguir perdendo como cidadáns, para recuperar o control da nosa vida como mulleres, como estudantes, como pais e nais, e como clase traballadora”, asegura Pilar Cancela, secretaria de Organización do PSdeG, que cre que haberá cambio “se a maioría social acode ás urnas” e di que “despois do domingo poden pasar dúas cousas, que todo cambie para mellorar ou que non cambie nada e sigamos indo a peor”.

Os socialistas celebraron mítines centrais nas principais cidades de Galicia e nas cabeceiras de comarca de toda Galicia, á marxe de centenares de reunións e actos organizados por todas as agrupacións locais e de levar nas rúas e porta a porta as propostas do partido para Europa.

Nas redes sociais, e co hashtag #movemoseuropa, os socialistas galegos tamén mobilizaron e recibiron centos de mensaxes e fotografías de simpatizantes en apoio ao proxecto socialista. “O domingo temos que evitar que sigan gañando os intereses duns poucos e que o noso futuro o siga protagonizando un partido político como o PP, que representa o máis rancio do pasado”, afirma a secretaria de Organización do PSdeG, que quere “deixar atrás as políticas desta dereita que leva gobernando Europa cinco anos e que nos volven a unha etapa escura do pasado que tantos pensabamos ter superada”. Cancela chama ao exercicio do voto “porque se trata de liberdade, de xustiza social, de igualdade de oportunidades, de traballo para todos e todas e, en definitiva, de dignidade”.

Nos actos organizados polos socialistas en Galicia, tanto o secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, como o candidato ao Parlamento europeo, José Blanco, estiveron acompañados por Pilar Cancela, os secretarios provinciais e todos os alcaldes e concelleiros cos que conta o partido na comunidade autónoma.
Ademais, estiveron a cabeza de lista nas eleccións do domingo, Elena Valenciano; o secretario xeral do partido, Alfredo Pérez Rubalcaba; o ex presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, e outros representantes do PSOE como Eduardo Madina, Ramón Jauregui, Patxi López, Alfonso Guerra, Pedro Sánchez ou Purificación Causapié.

Nunha campaña próxima aos cidadáns e moi participativa, os socialistas trasladaron á sociedade a necesidade dun cambio nas urnas, para que a política de recortes e empobrecemento da dereita deixe paso a un crecemento coa prioridade do emprego que. “Para iso, é imprescindible un Goberno socialista na Unión Europea”, engade Cancela.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar