Os socialistas de Condado-Paradanta critican "o retroceso en todos os servizos que presta a administración" desde que Feijóo chegou á Xunta

Os socialistas de Condado-Paradanta critican "o retroceso en todos os servizos que presta a administración" desde que Feijóo chegou á Xunta

Os socialistas de Condado-Paradanta critican "o retroceso en todos os servizos que presta a administración" desde que Feijóo chegou á Xunta

O PSdeG amosa a súa preocupación pola caída demográfica nos concellos da zona e pola paralización das obras do porto seco en Salvaterra As Neves

A secretaria de Organización, Pilar Cancela, mantivo esta tarde unha reunión de traballo cos socialistas da comarca

Os socialistas da comarca de Condado-Paradanta, que mantiveron esta tarde unha reunión coa secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, lamentan “o retroceso en todos os servizos que presta a Administración” desde que Alberto Núñez Feijóo chegou á presidencia da Xunta.

Representantes do PSdeG na zona cren que moitos servizos públicos “volveron moitos anos atrás”, ao que hai que unir o grave problema demográfico dos municipios de Condado-Paradanta, cunha grave perda de poboación en idade de traballar.

Os socialistas da comarca amosan ademais a súa preocupación pola paralización de determinadas infraestruturas fundamentais para revitalizar a economía da zona, como o porto seco de Salvaterra As neves e a plataforma loxística que ían ter estas instalacións.

A secretaria de Organización lembroulles a importancia que terán as próximas eleccións municipais para tentar un cambio de rumbo en Galicia. “Os socialistas temos unha concepción dos servizos públicos que non ten nada que ver coa do Partido Popular”, manifestou Cancela.

A secretaria de Organización celebra dende hai meses reunións coas agrupacións locais de toda Galicia para explicarlles o proxecto socialista liderado por José Ramón Gómez Besteiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar