Os Socialistas de Arousa critican os orzamentos da Xunta para a comarca e demandan unha inversión urxente no hospital do Salnés

Os Socialistas de Arousa critican os orzamentos da Xunta para a comarca e demandan unha inversión urxente no hospital do Salnés

Os Socialistas de Arousa critican os orzamentos da Xunta para a comarca e demandan unha inversión urxente no hospital do Salnés

A secretaria de Organización, Pilar Cancela, mantivo esta tarde unha reunión de traballo cos socialistas da comarca

Os socialistas amosan a súa preocupación pola adxudicación das obras de ampliación do hospital a Cofely, implicada na ‘Operación Púnica’

Os socialistas da comarca de Arousa, que mantiveron esta tarde unha reunión coa secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, demandan un maior apoio nos Orzamentos Xerais da Xunta para o ano 2015.

En concreto, esixen “unha inversión urxente” no Hospital do Salnés e poñen en dúbida o suposto compromiso da Xunta coas obras, despois de numerosos retrasos nos traballos. Os socialistas de Arousa amosan ademais a súa preocupación pola adxudicación destas obras de ampliación do hospital a Cofely, implicada na ‘Operación Púnica’.

Cancela mantivo unha reunión de traballo en Vilagarcía coas agrupacións do PSdeG de Arousa. Os socialistas critican os recurtes do Goberno de Alberto Núñez Feijóo nos municipios da comarca, que se reflicten en sectores estratéxicos como a sanidade e o ensino.

A secretaria de Organización lembroulles a importancia que terán as próximas eleccións municipais. “Os socialistas temos unha concepción dos municipios que non ten nada que ver coa do Partido Popular, que entende que se trata de institucións que molestan para o seu exercicio do poder”, manifestou Cancela.

A secretaria de Organización celebra dende hai meses reunións coas agrupacións locais de toda Galicia para explicarlles o proxecto socialista liderado por José Ramón Gómez Besteiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar