Os socialistas danlle "un cero" á política medioambiental da Xunta

Os socialistas danlle "un cero" á política medioambiental da Xunta

Os socialistas danlle "un cero" á política medioambiental da Xunta

O PSdeG-PSOE vén de presentar un manifesto con motivo da celebración, mañá mércores, do Día Mundial do Medioambiente, no que lle outorgan “un cero” ás políticas medioambientais da Xunta de Galicia.

Os socialistas galegos sinalan que en catro anos de goberno, Feijóo ten “aniquilado calquera política que favoreza ao noso entorno, propoñendo proxectos industriais que, lonxe de validar os informes de impacto medioambiental, proxectan a destrución do noso territorio e da sostibilidade do mesmo”. Mentres, advirten, as políticas estatais teñen retrocedido 40 anos en só 18 meses de goberno de Rajoy.

O Grupo Socialista no Parlamento de Galicia presentou, ademais, unha proposición non de Lei coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente na que instan á Xunta a que “desenrole as medidas políticas necesarias encamiñadas a promover o non desperdicio de alimentos, diminuír o volume de residuos, aforrar cartos e diminuír o impacto medioambiental da produción de alimentos”.

MANIFESTO 5 DE XUÑO
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
UN CERO AS POLÍTICAS MEDIOAMBIENTAIS DO PP

O PSdeG-PSOE no Día Mundial do Medio Ambiente reiteramos o noso firme compromiso cos valores que deben inspirar a conservación da nosa contorna, unidos de xeito indiscutible á saúde e ao aseguramento da calidade de vida dos cidadáns de hoxe e do futuro, a mellora do noso capital natural imprescindible para sustentar un desenvolvemento xusto, a innovación tecnolóxica, a modernización do País e a creación de emprego.

En solo un ano e medio de Goberno do PP as políticas estatais en materia Medioambiental fan retroceder a España 40 anos en materia medioambiental:

• A costa se pon en venta ao mellor ofertante, confiando en que de aquí saia outra salvación para o decaído mercado urbanístico.
• Renúnciase ao control público dos obxectivos de impacto ambiental que deben cumprir as actividades industriais, mediante a encomenda as propias empresas das competencias de inspección que ata o de agora estiveran reservadas a administración.
• España renuncia a seguir a folla de ruta da UE na redución de residuos e nos obxectivos de redución da contaminación atmosférica.
• Unha moratoria sine die ao desenvolvemento das enerxías renovables que está a afundir un sector nunha ruinosa situación económica.
• Unha posición por diante de calquera outro país da UE favorable a explotación do fracking.
• Un renovado compromiso nuclear coo despropósito sobre a continuidade de Garoña.

En 4 anos e seis meses o goberno do PP na Xunta de Galicia leva a aniquilación calquera política favoreza o noso contorno, propoñendo proxectos industriais que lonxe de validar os informes de impacto medioambiental, proxectan a destrución do noso territorio e da sostibilidade do mesmo.

• Así, a permisividade ante a avalancha de solicitudes na comunidade galega de explotacións mineiras, exemplificada na explotación mineira que, si non se impide, instalarase en Corcoesto e que constituirá un grave atentado ecolóxico na comarca de Bergantiños.
• A continua ineficacia do goberno da Xunta de Galicia en materia de residuos incapaz de avanzar cara unha xestión eficaz e medioambientalmente sostible dos mesmos coas únicas propostas de repetir o erro da creación de Sogama.
• Da lei de augas e o novo canon da auga, con claro afán recadatorio e incumprindo a directiva europea marco da auga, ademais dun abandono continuo na depuración dos nosos ríos e rías.
• O abandono do rural, a non existencia dun compromiso público co interior estase tornando nun abandono masivo do mesmo, coas terribles consecuencias das hectáreas de masa forestal arrasadas polo lume nos últimos anos.
• A política nefasta na loita contra os incendios forestais na que non existe a prevención e se volta a épocas pasadas responsabilizando da xestión dos lumes aos Concellos.

Todo isto levado a cabo mostrando un claro desprezo a comunidade científica, fronte a calquera vía de participación cidadá e contra as iniciativas parlamentarias da oposición.

Dende o PSdeG-PSOE no Día Mundial do Medio Ambiente cualificamos cun cero sen paliativos as políticas ambientais do PP.

Fronte a quen pretende privar a humanidade dun patrimonio natural no que o goce do mesmo debe alcanzar a todas as sociedades presentes e futuras, temos o dereito e o deber de elevar a voz e defendelo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar