Os socialistas dan novos pasos na rexeneración democrática, aumentan a súa transparencia e pídenlle a Feijóo “que non se agoche”

Os socialistas dan novos pasos na rexeneración democrática, aumentan a súa transparencia e pídenlle a Feijóo “que non se agoche”

Os socialistas dan novos pasos na rexeneración democrática, aumentan a súa transparencia e pídenlle a Feijóo “que non se agoche”

pilar_cancelaOs socialistas galegos deron hoxe, xunto aos do resto de España, un novo paso na rexeneración democrática asinando o documento de Transparencia Internacional. “Somos o primeiro partido do país que o fai, e xunto ao recente código ético deixa clara cal é a forma de actuar do PSOE”, asegurou a secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela.

Cancela compareceu en rolda de prensa tras a reunión da Executiva galega dos socialistas. Destacou que “esta aposta decidida pola rexeneración contrasta coa actitude do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que se agocha e non da resposta ás dúbidas da cidadanía”.

A secretaria de Organización dos socialistas demandoulle de novo a Feijóo que compareza no Parlamento para dar explicacións sobre a Operación Zeta. “Temos un presidente da Xunta que non contesta, esparce o ventilador e semella que esquece que o que está gobernando e él”, afirmou.

En opinión de Cancela, “os socialistas non acusamos a Feijóo de nada, son as investigacións xudiciais e policiais as que apuntan determinados aspectos que o presidente da Xunta está na obriga de aclarar”, como o papel do presunto mediador da trama, Pachi Lucas, e si estivo alguna vez na residencia oficial de Monte Pío.

Por outra parte, Cancela explicou tamén aos medios de comunicación que no Congreso dos Deputados foron rexeitadas as 200 emedas aos Orzamentos Xerais do Estado procedentes dos socialistas galegas.

Eran iniciativas por valor de 400 millóns de euros e, entre elas, destacaban 140 millóns de euros para o dique flotante de Ferrol, 25 millóns para dinamizar o sector lácteo, dez millóns para facer fronte ao problema demográfico de Ourense e Lugo, 20 millóns para a prevención dos lumes, dez millóns para a supresión de pasos a niveis, e 300.000 euros para a Real Academia Galega (RAG). “O PP aplicou o rodillo o dixo non a propostas que eran importantes para Galicia”, afirmou a secretaria de Organización socialista.

A Executiva tamén aprobou a posta en marcha dun grupo de traballo para analizas o proxecto de Lei do Solo do Partido Popular. “Comezaremos o próximos mércores, é un tema estratéxico para Galicia e formarán parte deste grupo alcaldes socialistas, parlamentarios e diferentes expertos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar