Os socialistas culpan á conselleira Rosa Quintana de crear “inseguridade” no sector de mexillón coa “súa ineficacia e as súas declaracións”

Os socialistas culpan á conselleira Rosa Quintana de crear “inseguridade” no sector de mexillón coa “súa ineficacia e as súas declaracións”

Os socialistas culpan á conselleira Rosa Quintana de crear “inseguridade” no sector de mexillón coa “súa ineficacia e as súas declaracións”

bateas-de-mejillones-en-la-ría-de-Vigo.-Foto-de-FlickrO portavoz de Pesca dos socialistas galegos, José Ramón Val, culpou no pleno á conselleira de Mar, Rosa Quintana, de crear “inseguridade” no sector de mexillón coa “súa ineficacia e as súas declaracións” ante as perdas dos afectados polos peches por toxina.

“É unha situación que non é exclusiva deste ano, todos lembramos o que aconteceu hai xustamente un ano por estas mesmas datas cando a inseguridade e a descoordinación producida polo Intecmar provocou un momento máis que tenso para o sector bateeiro; hoxe todos sabemos que se errou naquel momento, sabemos que erraron todos, excepto vostede e o Goberno galego, que se empeñan en defender aquela actuación”, afirmou Val.

En opinión do deputado socialista, “na actualidade a situación é moi semellante, ata hai poucos días practicamente a totalidade dos polígonos bateeiros estaban pechados á extracción de mexillón, e aínda que nas últimas semanas a marea vermella parece que ten remitido, e xa se pode extraer de aproximadamente o 30% dos polígonos, parece que a proporción é a todas luces insuficiente para normalizar a campaña do mexillón”. “Nunha situación normal debería de estar a pleno rendemento, xa que vostede sabe que o mexillón se atopa no seu mellor momento de rendemento desde o mes de xullo ata novembro”, apunta.

Val considera que “lonxe de ver unha actuación firme e responsable, o Goberno Galego e vostede mesma limítanse a poñerse de perfil, a deixar pasar os días e esperar a que a situación se normalice por si soa, e aí están as súas declaracións e os problemas que tivemos en Francia”.

“O pasado ano quixo vostede salvar a cara cun bo titular para vostede no que anunciaba 1,5 millóns de euros para o sector mexilloeiro, pero desgraciadamente se quedou niso, nun bp titular, porque esas axudas a día de hoxe podemos dicir que non serviron para nada; unha cantidade irrisoria para repartir entre as máis de 3.300 bateas que existen nas nosas rías, e cuns requisitos e condicións que dificilmente a maioría dos produtores puido cumprir, catro meses de peche continuado ou perdidas superiores ó 35%”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar