Os socialistas cuestionarán as políticas de igualdade da Xunta na Sesión de Control ao presidente do próximo Pleno

Os socialistas cuestionarán as políticas de igualdade da Xunta na Sesión de Control ao presidente do próximo Pleno

Os socialistas cuestionarán as políticas de igualdade da Xunta na Sesión de Control ao presidente do próximo Pleno

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, utilizará a sesión de control do próximo Pleno do Parlamento para diseccionar as políticas de igualdade do goberno galego. Así o explicou logo da Xunta de Portavoces con motivo da celebración, hoxe, do Día da Muller, no que lembrou o apoio de Feijóo ao presidente da Deputación de Ourense, investigado por acoso sexual.

Méndez Romeu cuestionou a participación do presidente galego na “entronización de Baltar, as súas apertas e expresións de adhesión e coincidencia plena”. Preguntou si esta sintonía se estende ao caso de acoso sexual e cohecho polo que está a ser investigado nos tribunais, logo dunha denuncia por ofrecer presuntamente traballo a cambio de sexo.

O portavoz do Grupo Socialista lamentou tamén o veto do PP á proposta da Plataforma do sector lácteo, que acadou o apoio de tódolos grupos da oposición para solicitar unha Comisión de Estudo sobre a situación deste sector. Méndez Romeu criticou que o PP impida que sexa o Parlamento quen tome a iniciativa para afrontar a difícil situación dun sector primario fundamental logo de constatar a inoperatividade do goberno galego.

O grupo maioritario vetou hoxe ademais, e unha vez mais, as solicitudes de comparecencia do presidente da Xunta presentadas polos socialistas galegos para explicar a súa política laboral e as repercusións da sentenza do Tribunal Supremo sobre o concurso eólico.

Si que será debatida sen embargo unha proposición de Lei para presentar diante do Congreso dos Deputados para pedir que o Ministerio Fiscal poida pedir indemnizacións por dano medioambiental e evitar así situacións como a vivida no caso do Prestige. O obxectivo é axilizar a solicitude de indemnizacións e acadar reparacións axeitadas, toda vez que, 13 anos despois da marea negra, aínda non foi establecida ningunha indemnización.

Enfermaría

Os socialistas galegos presentarán tamén unha interpelación sobre o Real Decreto que regula a situación da enfermaría e que está a acadar unha oposición frontal do sector, de todo o mundo sanitario e mesmo está a ser cuestionado por diferentes comunidades autónomas.

A próxima sesión plenaria incluirá unha pregunta oral sobre o retraso na devolución do “céntimo sanitario” en Galicia e os problemas provocados polas supresión das normas subsidiarias logo da entrada en vigor da Lei do Solo, que provoca un “baleiro lexislativo de gravísimas consecuencias” para máis dun cento de concellos galegos.

Tamén serán debatidas dúas mocións con propostas para o impulso do estudo das linguas estranxeiras no ensino público e medidas para a mellora do mercado laboral, así como dúas proposicións non de Lei para reclamar o cambio dos criterios de revisión catastral e para que a Xunta asuma as sentenzas xudiciais e retire o recurso de casación que intenta retrasar o abono aos funcionarios dos complementos da paga extra de 2013.

Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE

psdeg

Deixar a resposta

Pechar