Losada cualifica os datos da débeda pública como “outro estrepitoso fracaso” de Feijoo

Losada cualifica os datos da débeda pública como  “outro estrepitoso fracaso” de Feijoo

Losada cualifica os datos da débeda pública como “outro estrepitoso fracaso” de Feijoo


O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista Abel Losada dixo hoxe que os datos de débeda autonómica, publicados hoxe polo banco de España, “amosan o fracaso de Feijoo na súa política de contable, preocupado excesivamente polos números e esquecendo as necesidades dos cidadáns que goberna”. Losada fixo esta afirmación tras coñecer os datos da débeda publica de Galicia, que supera por primeira vez os 7.000 millóns de euros, e supoñen un 12.4% do PIB ao peche do ano 2011.

O parlamentario puntualiza que os mais de 7.000 millóns de euros de débeda “supoñen un espectacular incremento nos 3 anos de goberno Feijoo”. Advirte que cando Feijoo chegou ao Goberno da Xunta “a débeda que había acumulada polos gobernos Fraga e Touriño supoñía o 7.7% do PIB, e hoxe supón o 12.3%”. En tres anos, o endebedamento de Feijoo multiplicou por case seis veces o dos catro anos do

goberno anterior.

Coas cifras na man asevera que este incremento “supón unha subida de mais do 60%”. Un endebedamento que supón que nos tres anos de goberno, cada día Feijoo gasta 2,8 millóns de euros mais do que ingresa.

Dende o PSdeG-PSOE preguntámonos “onde esta a eficiencia do Goberno Feijoo, e preguntámonos tamén para que endebeda a Galicia e aos galegos”. Losada denuncia que na nosa Comunidade “a prestación dos servizos públicos empeora día a día, e as prestacións aos cidadáns están sometidas a recortes de persoal sen precedentes”. Así as cousas afirma que “os galegos temos hoxe menos sanidade e menos educación pública que fai 3 anos”.

Menos sanidade e menos educación

O portavoz asegura que “lamentablemente tampouco na reactivación económica e na reactivación de emprego o Goberno de Feijoo presenta nada no seu haber”. E proseguiu coas súas criticas “medramos menos que o conxunto de España e o desemprego medra a un ritmo que duplica ao español”.

E concluíu, “lamentablemente na posición política entre recortes e a reactivación económica, Feijoo alineouse coas posicións da dereita mais dura de Europa, que receitan so recortes. E vendo os datos de débeda tamén aquí fracasou”, resumiu.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar