Os socialistas cualifican o Plan MOVE de “publicidade enganosa” por non ter sido debatido e aprobado polo Parlamento

Os socialistas cualifican o Plan MOVE de “publicidade enganosa” por non ter sido debatido e aprobado polo Parlamento

Os socialistas cualifican o Plan MOVE de “publicidade enganosa” por non ter sido debatido e aprobado polo Parlamento

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal, advertiu que o Plan Move da Xunta supón “publicidade enganosa” por canto non foi debatido e aprobado polo Parlamento, tal e como determina o Regulamento da Cámara. O parlamentario socialista presentou unha Interpelación diante da “inseguridade xurídica” que provoca esta situación.

López Vidal critica a “falla de rigor e de seriedade” amosada polo conselleiro de Infraestruturas “que de novo volve a demostrar que non respecta a Lei nin os procedementos administrativos, eludindo o soporte xurídico nas súas actuacións”. Así o sinala logo de que a Consellería retomara recentemente a tramitación do Plan Director de Estradas, que “en teoría está incluído no devandito Plan Move”.

O parlamentario socialista apunta que “reactivando o PDE, o conselleiro ven a demostrar que tiñamos razón ao advertir que o Plan Move é completamente irreal, sen base xurídica e que polo tanto non existe”. Esta é, engade, “unha mostra máis do respecto que ten o conselleiro polas normas, logo de que no pasado Pleno do Parlamento asegurara que incumpriría a Lei de Augas que presentou a propia Xunta”.

O portavoz de Obras Públicas sinala que o denominado Plan Move “carece de soporte legal porque a Xunta emprega un instrumento de planificación que non está debidamente aprobado segundo marca a Lei de Estradas de Galicia”. Segundo a Lei, o Plan de Estradas ten que ser elaborado pola Consellería para ser aprobado pola Xunta, mentres o Parlamento debe examinar tanto o Plan como as súas modificacións.

Sinala que a Xunta non seguiu o procedemento de tramitación estipulado tanto nesta norma como de acordo co Regulamento da Cámara –arts. 140, 141 e 142- mais “si que se preocuparon de espallar todo tipo de cartelería durante 16 meses utilizando unha denominación que non existe”.

Por este motivo, presentou unha Interpelación para que a Xunta dea conta na Cámara autonómica polo uso desta denominación, así como o suposto soporte xurídico que ampare as actuacións de obra pública realizadas en Galicia por parte da Consellería de Infraestruturas. Pregunta así si os carteis que anuncian actuacións rotulados coa denominación Plan Move “poden ser considerados como publicidade enganosa”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar