Os socialistas critican que “tras un ano de publicidade e propaganda de Feijóo” Galicia siga tendo os carburantes máis caros de España

Os socialistas critican que “tras un ano de publicidade e propaganda de Feijóo” Galicia siga tendo os carburantes máis caros de España

Os socialistas galegos denunciaron hoxe no Parlamento que “tras un ano de publicidade e de propaganda de supostas medidas anunciadas por Feijóo”, Galicia sigue tendo os carburantes máis caros de España.

Nunha pregunta oral en comisión, o portavoz de Economía e Industria do PSdeG na Cámara, Abel Losada, lembrou que o 16 de abril de 2014 o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou medidas para corrixir o diferencial no prezo dos combustibles entre Galicia e a media estatal.

“Os últimos datos coñecidos, do día 17 de mes pasado, reflicten que a situación non mudou, os carburantes máis caros son os que pagan os galegos”, manifestou Losada. Na súa resposta, o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, limitouse a afirmar que era “un problema de competencia”, sen concretar se a Xunta tomou realmente algún tipo de medida para corrixir este diferencial.

“Como é habitual, o presidente da Xunta limitouse a un anuncio propagandístico sen ningún efecto real”, asegurou Losada, engadindo que “hoxe tamén soubemos que nos últimos doce meses o paro rexistrado no INEM baixou en 26.463 persoas en Galicia, pero o aumento de afiliados á Seguridade Social só foi de 22.037, a peor ratio do conxunto das comunidades autónomas mentres o goberno galego presume desta evolución”.

“Feijóo dirixiuse a todos os galegos para falar da necesidade de que a existencia dunha refinería de petróleo na Coruña se trasladase aos prezos, xa que os custos de transporte eran menores”, apuntou o socialista, lamentando o novo incumprimento do presidente da Xunta.

“Falou tamén da solicitude dun informe ao Consello Galego de Competencia e doutra serie de medidas que polo momento non serviron para nada”, engadiu o deputado socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar