Os socialistas critican que o PP “paralice” o estudo e a posta en marcha de medidas contra a corrupción no Parlamento a pesar das demandas da Fiscalía

Os socialistas critican que o PP “paralice” o estudo e a posta en marcha de medidas contra a corrupción no Parlamento a pesar das demandas da Fiscalía

Os socialistas critican que o PP “paralice” o estudo e a posta en marcha de medidas contra a corrupción no Parlamento a pesar das demandas da Fiscalía

SestayoOs socialistas galegos criticaron hoxe que o Partido Popular teña paralizado o estudo e a posta en marcha no Parlamento de novas medidas contra a corrupción política, a pesar das recomendacións e demandas da Fiscalía.
En resposta a unha comparecencia do fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, en Comisión para presentar a memoria da Fiscalía do ano 2013, a deputada socialista Beatriz Sestayo lembrou que “o 6 de xuño de 2013, vostede xa fixo unhas declaracións nas que demandaba medidas contra a corrupción, pero no Parlamento está paralizada esta cuestión”.
A comisión de estudo da corrupción está paralizada polo PP na Cámara desde hai máis dun ano e medio. Ademais, os socialistas demandaron en diferentes ocasións un pacto entre os grupos para a adopción de novas medidas, atendendo as peticións da cidadanía. O Partido Popular frenou calquera tipo de acordo.
Sestayo manifestou tamén que “na memoria da Fiscalía Superior de Galicia non vemos un elevado número de delitos de orde público, co que é evidente que a nova Lei Mordaza do PP non da resposta a unha realidade ou a un problema real”.
“O que si podemos ver todos os días e o colapso nos xulgados, o que repercute en temas tan delicados como a violencia de xénero; a redución de xuíces levada a cabo polos gobernos do PP provoca unha merma da tutela xudicial efectiva e dos dereitos dos cidadáns”, asegurou a deputada socialista.
Na súa comparecencia, Carlos Varela manifestou que as taxas xudiciais están provocando unha baixada de xuízos no contencioso-administrativo e cualificounas de “elemento disuasorio”. O PSOE presentou un recurso ante o Constitucional para pedir a eliminación das mesmas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar