Os socialistas critican que “é moi difícil tomar en serio a Rajoy e Feijóo” e advirten de que “a cerimonia da confusión para falar de rexeneración” rematará en “pucheirazo”

Os socialistas critican que “é moi difícil tomar en serio a Rajoy e Feijóo” e advirten de que “a cerimonia da confusión para falar de rexeneración” rematará en “pucheirazo”

Os socialistas critican que “é moi difícil tomar en serio a Rajoy e Feijóo” e advirten de que “a cerimonia da confusión para falar de rexeneración” rematará en “pucheirazo”

O portavoz dos socialistas galegos no Parlamento, José Luis Méndez Romeu, asegurou hoxe que “é moi difícil tomar en serio a Rajoy e Feijóo” cando falan de impulsar medidas para a calidade democrática. “A cerimonia de confusión sobre rexeneración rematará en pucheirazo”, advirte.

Na rolda de prensa posterior á Xunta de Portavoces, Méndez Romeu manifestou que “as medidas nas que pensa o Partido Popular semellan simplemente ocurrencias dos diferentes ministros que son corrixidas por outros membros do Goberno ao día seguinte”. A pregunta ao presidente no próximo pleno será sobre rexeneración democrática.

O portavoz do PSdeG na Cámara lamentou que “o presidente da Xunta négase de novo, a petición dos socialistas, a comparecer para falar da catastrófica situación económica e do mercado de traballo, bloquea calquera tipo de iniciativa e continúan as malas prácticas no Parlamento”.

Os datos de paro coñecidos hoxe reflicten que o 94% dos contratos son temporais, en Galicia hai 94.000 afiliados menos que cando chegou Núñez Feijóo á presidencia da Xunta e o 70% dos empregos, temporais e por horas, son na hostalería e no sector turístico.

Romeu afirmou que o conselleiro de Educación négase tamén a comparecer para falar do comezo do curso académico, “un conselleiro insensible co abandono escolar e que acumula 16 sentenzas xudiciais na súa contra, ademais de ter en contra a toda a comunidade docente”. “Polo tanto, temos un Goberno que, á marxe de incumprir os seus compromisos, fuxe da realidade e négase de forma sistemática a dar explicacións solventes”, apuntou.

Os socialistas levarán ao pleno diferentes iniciativas para falar de Risga, servizos sociais, situación dos enfermos con hepatite c e cancro, paquete lácteo, e o dique flotante e os sector naval de Ferrol. “A Xunta e o Goberno de Rajoy teñen que facer máis, o veto sobre a construción civil remata en marzo pero a intención de que Navantia dependa do Ministerio de Defensa pecha portas aos asteleiros”, engadiu. As interpelacións socialistas serán sobre a marea vermella nas rías e a protección por desemprego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar