Os socialistas critican que as axudas para contratar a perceptores da Risga “son para maquillar as cifras en ano electoral” e non se conceden “con criterios obxectivos”

Carmen GallegoOs socialistas galegos criticaron hoxe que a nova orde con axudas para contratar a persoas perceptoras da Risga “é unha maquillaxe das cifras de desemprego en ano electoral” e a súa concesión “non se fai atendendo a criterios obxectivos”.
A viceportavoz dos socialistas galegos, Carmen Gallego, considera que “non é normal que as axudas aos concellos se concedan por orde de entrada das peticións na Consellería de Traballo”, demandando ao Goberno de Feijóo un criterio “máis obxectivo”.
“O que tería que facer a Xunta de Galicia é ter en conta cales son os concellos cunha maior porcentaxe de persoas en situación de desemprego cobrando a Risga, aplicando un criterio na concesión de axudas máis coherente”, sostén a deputada socialista.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de contratación de perceptores da Risga, “a catro meses dunhas eleccións municipais e co único obxectivo de enganar coas cifras aos cidadáns antes das urnas, como é tradicional no Partido Popular”.
Con respecto á renda de inserción, Gallego lembra quen “nestes seis últimos anos, se desmantelaron as oficinas de inclusión social das sete grandes cidades e os retrasos na tramitación da Risga chegan aos dez meses; os servizos sociais municipais dos concellos están colapsados e para 2015 a Xunta prevé asistir a 10.000 persoas coa Risga, cando temos máis de 55.000 familias en pobreza severa”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar