Os socialistas critican que a Xunta privatice mini cursos de inglés para primaria e secundaria “mentres torpedean o programa Erasmus e diminúen drásticamente os cursos de inmersión lingüística en países estranxeiros”

Os socialistas critican que a Xunta privatice mini cursos de inglés para primaria e secundaria “mentres torpedean o programa Erasmus e diminúen drásticamente os cursos  de inmersión lingüística en países estranxeiros”

Os socialistas critican que a Xunta privatice mini cursos de inglés para primaria e secundaria “mentres torpedean o programa Erasmus e diminúen drásticamente os cursos de inmersión lingüística en países estranxeiros”

Vicente Docasar reclámalle ao goberno que recupere as estadías no estranxeiro dos alumno e confíe no profesorado dos seus centros educativos.

aulaO portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, criticou hoxe que a Xunta teña decidido substituír as estadías de alumnos de primaria e secundaria no estranxeiro por mini cursos de inglés privatizados “mentres torpedean o programa Erasmus” nunha posición que considerou “contraditoria”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Educación do Parlamento.

O responsable socialista criticou a política de aprendizaxe de linguas estranxeiras do PP, xa que “mentres intentan mellorar as competencias lingüísticas dos estudantes galegos organizando mini cursos de inglés nos Peares en período lectivo e pagando 300.000 euros a unha empresa privada, ao mesmo tempo pretenden eliminar ou reducir á mínima expresión os programas de inmersión lingüística e os programas Erasmus”.

Advertiu que mentres poñen en marcha estas actuacións “moito menos eficaces”, e que custarán en torno a 300.000 euros para unha empresa privada, eliminan as estadías dos mozos mozas en países estranxeiros”. Dixo que “cambiar estadías en Inglaterra, Irlanda, EEUU ou Canadá por mini cursos dunha semana nos Peares non parece a mellor opción para que os nosos estudantes aprendan inglés”.

Ademais, reclamou “plans mais ambiciosos” e “proxectos serios e rigorosos para mellorar as capacidades lingüísticas dos nosos estudantes”. Esixiu que “faciliten as estadías do noso alumnado e confíen no profesorado e non lle falten ao respecto levando aos seus alumnos aos Peares en pleno curso lectivo en vez de facelo nas súas aulas”, cos seus propios medios e cos seus profesores e profesoras.

Docasar reclamou potenciar as estadías no estranxeiro en períodos vacacionais, a actualización permanente do profesorado, a mellora dos equipamentos de colexios e institutos e ampliar a presenza de auxiliares de conversación nos centros educativos.

Chamou a “dicirlle aos nosos estudantes o importante que é hoxe coñecer linguas estranxeiras e non cometamos a estupidez de torpedear ese programa Erasmus que tanto e tan bo leva feito por mellorar as capacidades lingüísticas dos nosos estudantes nos últimos anos”.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

Deixar a resposta

Pechar