Os socialistas critican que a Xunta de Galicia non subvencione obras de mellora nas explotacións avícolas

Os socialistas critican que a Xunta de Galicia non subvencione obras de mellora nas explotacións avícolas

Os socialistas critican que a Xunta de Galicia non subvencione obras de mellora nas explotacións avícolas

“Os custos de produción se dispararon, entre outros aspectos polo encarecemento das tarifas de electricidade e gas propano”, afirmou o deputado socialista Pablo García

Os socialistas de Galicia preguntaron hoxe á Xunta de Galicia por que non permite que na orde de modernización de explotacións non se poidan incluír melloras nas naves existentes, estando limitado só a obras novas. Esto deixa o sector avícola sen ningún tipo de axuda para mellorar determinadas explotacións que se verán abocadas ao peche.

“Hai trescentas explotacións moi determinadas en Galicia, que precisan de mellorar as súas instalacións e que non teñen posibilidades de facer unha nave nova, que sofren un destacado encarecemento dos custos de produción, en algunhas naves do 60% pola suba das tarifas de electricidade e gas propano, e que non teñen ningunha liña de axuda á que se poidan acoller”, afirmou o deputado socialista Pablo Garcia.

García tamén reclamou nunha pregunta oral en Comisión á directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, que se reúna cos afectados, que despois dun ano onde está o sector pedindo insistentemente axuda nin sequera tivo a ben reunirse con eles.

“O sector avícola ten en Galicia un importante peso tanto en número de explotacións existentes como no dimensionamento das mesmas, que nos últimos anos acometeron un gran esforzo en modernización e aumento de capacidade de acordo tamén cun mercado cada vez máis esixente e cunha normativa que evoluciona día a día no aspecto de melloras hixiénico sanitarias, de benestar animal e medioambientais”, afirmou García.

“As obras de mellora non teñen encaixe en dita Orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a modernización das explotacións agrarias e para a incorporación dos mozos e mozas á actividade agraria, xa que se limita a obra nova”, explicou o deputado socialista. A representante da Xunta non especificou na súa resposta á demanda do PSdeG se as instalacións existentes poderán acollerse a axudas.

En algunhas zonas de Galicia dase unha determinada produción, concretamente o denominado “cuk”, con naves máis pequenas, sen posibilidade de facer obras novas, pero que precisan urxentemente de melloras para poder seguir facendo este tipo de produción, melloras que os produtores non poden acometer, e que se non reciben axuda inmediata terán que pechar. “Por iso resulta incomprensible a pasividade da Xunta, a non ser que o que se persiga é precisamente iso, que este tipo de produción deixe de facerse aquí e se faga noutras zonas do territorio español” manifestou o deputado do PSdeG-PSOE

“Trátase dunha actividade altamente tecnificada e, polo tanto, esixe dunhas inversións moi custosas, que en moitos casos, de non contar con axudas públicas, fai que sexa inviable acometelas”, engadiu Pablo García.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar