Os socialistas critican que “a Xunta de Feijóo aposte pola burocracia e a propaganda”, esquecendo “o investimento en obra pública e o emprego”

Os socialistas critican que “a Xunta de Feijóo aposte pola burocracia e a propaganda”, esquecendo “o investimento en obra pública e o emprego”

Os socialistas critican que “a Xunta de Feijóo aposte pola burocracia e a propaganda”, esquecendo “o investimento en obra pública e o emprego”

Méndez Romeu Estado Autonomía webOs socialistas galegos denunciaron hoxe no pleno do Parlamento que a Xunta “esqueceu o investimento en obras públicas e emprego”, apostando “pola burocracia e a propaganda”.
Nunha interpelación ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o portavoz dos socialistas galegos, José Luis Méndez Romeu, criticou a redución dos orzamentos da Xunta adicados a investimento, “coa particularidade de que ademais catro de cada dez euros aprobados non son posteriormente executados”.
“O PP aplica devaluación de salarios e recurtes para a recuperación económica, en vez de potenciar o investimento e o consumo; as consecuencias son evidentes, xa que no sector da construción perdéronse 50.000 postos de traballo en Galicia”, manifestou Méndez Romeu.
En opinión do portavoz dos socialistas, “o que fai ben a Xunta de Feijóo e aumentar a burocracia, creando a Axencia Galega de Infraestruturas, ou facer contratos a medida como pasa na Autovía do Barbanza con Copasa, unha empresa que por certo sae nos papeis de Bárcenas”.
“Non hai planificación, de 8.451 millóns de euros aprobados para investimento polo Goberno do PP, executaron 4.969 millóns, e a porcentaxe de execución no que vai de 2014 é do 26%”, afirmou o deputado socialista, “e así temos agora menos emprego, máis repartido e con peores salarios”.
Os socialistas galegos lembran tamén a escasa aposta da Xunta polo vivenda pública e social. “Unha cousa é a propaganda e outra os datos reais” engadiu Méndez Romeu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar