Os socialistas critican que a Autoridade Portuaria de Vigo paralice a Autopista do Mar

Os socialistas critican que a Autoridade Portuaria de Vigo paralice a Autopista do Mar

Os socialistas critican que a Autoridade Portuaria de Vigo paralice a Autopista do Mar

O portavoz de Portos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Manel Gallego, criticou a paralización da Autopista do Mar dende Portos de Galicia mentres a súa presidenta, Corina Porro, “preocúpase unicamente de utilizar o cargo como plataforma electoral”.

Gallego considera “escandaloso” o uso da Autoridade como instrumento para conseguir a alcaldía de Vigo mentres a Autopista do Mar, unha iniciativa fundamental para a economía de Vigo e de toda Galicia, “segue igual que hai dous anos”. O parlamentario vigués ironizou coa “solvencia” da xestión de Porro porque “en 2009 prometeu que en 2010 comezaría a funcionar a Autopista do Mar e estamos como estabamos”.

Criticou que a súa estratexia comercial “limitouse a plantar catro palmeiras, abrir pubs e cafeterías e facer unha fonte cibernética” mentres Xixón conseguiu tráficos de carbón de Asturias e León, os de automoción de Valladolid –Renault- e asinar acordos de tráfico con Francia e Europa.

Gallego sinalou que “o único que puido aportar un pouco de luz foi o presidente de Portos do Estado, Fernández Laxe, quen sentou á Compañía Hispano – Francesa e a Transmediterránea para acadar tráfico de Citröen”, pero “sorprende que tanto a Xunta como a presidenta da Autoridade Portuaria non fixeron nada por aprobar un plan estratéxico fundamental para Galicia e para Vigo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar