Os socialistas critican o “sectarismo” e desleixo na xestión do director da EGAP

Os socialistas critican o “sectarismo” e desleixo na xestión do director da EGAP

Os socialistas critican o “sectarismo” e desleixo na xestión do director da EGAP

O portavoz da Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, criticou hoxe o “sectarismo” amosado polo director da Escola Galega de Administración Pública –Egap-, Pablo Figueroa, na súa xestión á fronte do ente. Dixo que a súa ausencia de iniciativa para a innovación da administración evidencia que “están hibernando á Egap”.

Lage Tuñas puntualizou que “a nosa intervención é unha emenda á totalidade con respecto da súa xestión, que non ten aportado absolutamente nada á administración autonómica”. Advertiu que o actual director do ente, que fora secretario xeral da Consellería de Presidencia baixo o mandato de Fraga, “ten aínda un ano para cambiar o funcionamento da administración galega”.

O responsable socialista lamentou que a xestión deste alto cargo se baseara na “continuidade do que viña facendo na época de Fraga” en lugar de modernizar a administración pública galega logo de que en dous anos “se puxeron en cuestión tódolos procesos selectivos” sen que fixera nada. Dixo que “si a Egap non está para mellorar a administración deberá de explicar si ten obxecto mantela tal e como está hoxe”.

Lamentou a falla de iniciativa e de liñas de innovación para mellorar a formación e avaliación da administración, emprendendo “cambios de fondo na relación entre a administración e os cidadáns”.

Sinalou que o director da Egap permanece “ancorado no século XX que non entende os cambios que se teñen introducido nas administracións do mundo”, como evidencia que “defenda a teleformación como innovadora”.

Indecente

Dixo así que o balance presentado polo director da Egap por primeira vez nesta lexislatura “carece de obxectivos”, e considera “indecente” que “a día de hoxe non saibamos das propostas de  mellora da administración pública galega”. Cualificou a intervención de “vergonza” xa que “non hai unha soa  liña de innovación, nin unha soa aportación para redefinir as unidades administrativas”.

Lage Tuñas criticou que a Egap non teña definido liñas de innovación no ámbito da administración e que “logo dun impulso moi importante na pasada lexislatura” para mellorar o organismo “vostede fala de recuperar revistas” e ofrecer “datos de cursos formativos que en todo caso resultan cuestionables”.

O responsable socialista considerou “pouco serio” que en lugar de “definir obxectivos de mellora tendo uns indicadores claros e unha avaliación do estado actual” da administración, o director da Egap queira editar revistas “cando hoxe a consulta de información debe de estar na rede de forma dinámica facendo unha aposta pola especialización”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar