Os socialistas critican o recorte radical do investimento produtivo para os concellos por parte da deputación da Coruña

Os socialistas critican o recorte radical do investimento produtivo para os concellos por parte da deputación da Coruña

Os socialistas critican o recorte radical do investimento produtivo para os concellos por parte da deputación da Coruña

O viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe o “recorte radical” no investimento produtivo aos concellos por parte da Deputación da Coruña. Así o dixo na comparecencia do presidente do ente na Comisión de Orzamentos do Parlamento para presentar os orzamentos do próximo ano.

Méndez Romeu dixo que o actual presidente da Deputación “herdou unha administración ben saneada” logo do goberno socialista, e acusouno de “repetir o manual de campaña electoral” sobre as dificultades económicas “sen demasiadas precisións. Sinalou que en realidade “anticipa un fondo recorte ás partidas locais” no caso de que Rajoy gañe as próximas eleccións.

O responsable socialista dixo que reducen “os plans que poidan incidir na mellora da calidade de vida dos concellos” ao diminuír o investimento produtivo. Así, sinalou que a Deputación reducirá de 5 a 1 millóns de euros os fondos de cooperación cos pequenos concellos, mentres as estradas provinciais pasan de recibir 16 millóns de euros a só 5, e destinará o 60 por cento do Plan Provincial a gasto corrente.

Advertiu que a xestión do presidente da Deputación consistirá unicamente en destinar a maior parte dos orzamentos a gastos correntes e renunciando polo tanto ao gasto corrente. Advertiu que nos orzamentos presentados hoxe “non se dedica un só euro a ningunha política nova de cooperación cos concellos” mentres “carecen de plan de urbanismo nin de servizos técnicos profesionais na materia.

Méndez Romeu lamentou que o presidente da Deputación evitara explicar os seus obxectivos en materia de política territorial, mentres rexeitara implicarse na aplicación de mecanismos de promoción económica ou xestión medioambiental.

Xestión socialista

Lembrou que o actual titular da Deputación da Coruña “herdou unha administración excepcionalmente ben saneada” pola xestión do goberno socialista, un endebedamento moi baixo que permite “certa tranquilidade” ao actual goberno. Tamén herdou, dixo, unha administración que dedica o 52 por cento do orzamento a transferencias directas “fundamentais para soster as infraestruturas locais”.

Sinalou que, a pesares do novo rumbo que tomou coa presidencia do PP, a xestión desta entidade baixo goberno socialista dedicaba o 30 por cento do gasto a infraestruturas e destinaba a terceira parte do seu gasto ao impulso da economía produtiva, mentres mantiña as partidas destinadas aos mecanismos de solidariedade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar