Os socialistas critican o desleixo da Xunta diante do presunto cohecho e tráfico de influencias no caso dos residuos da empresa Manmer

Os socialistas critican o desleixo da Xunta diante do presunto cohecho e tráfico de influencias no caso dos residuos da empresa Manmer

Os socialistas critican o desleixo da Xunta diante do presunto cohecho e tráfico de influencias no caso dos residuos da empresa Manmer

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe o “absoluto desleixo” amosado pola Xunta no caso dos residuos contaminantes da empresa Manmer. Nunha pregunta oral en Comisión, criticou a parálise amosada diante das denuncias de presunto cohecho e tráfico de influencias e a ausencia da inspección mineira.

O parlamentario socialista acusou ao goberno galego de “permitir o uso fraudulento” de materiais non aptos por parte da empresa Manmer ao negarse a desenvolver a Lei de Minería. Lembrou que mesmo o PP rexeitou a pasada semana no Parlamento unha iniciativa socialista para garantir a actuación da inspección mineira, para “dar cobertura á inexistencia de labores de inspección e sanción”.

Méndez Romeu dixo que esta falla de actuación provoca “consecuencias negativas para a saúde pública” derivadas da importación de 25.000 toneladas de áridos contaminantes a Galicia, ademais de “competencia desleal e menosprezo á labor das 325 empresas que traballan no sector no noso país”.

Advertiu así que ademais de utilizar un material contaminante para obras públicas, este produto foi importado e utilizado ilegalmente, por debaixo do custo de mercado, sen que teñan actuado nin a dirección xeral de comercio nin o Consello Galego da Competencia. Explicou que esta situación tivo que ter sido denunciada polas propias empresas do sector en xullo de 2009 sen que a Xunta fixera “nada” ata este momento.

Varias consellerías diferentes

O responsable socialista dixo hoxe que o desenvolvemento da Operación Arena está a poñer de manifesto “unha ausencia absoluta de controis” sobre as actuacións da Xunta “que afectaría a varias consellerías diferentes”. Criticou que o Goberno galego leve dous anos e medio sen ter desenvolto a Lei de Minería para garantir a actuación da inspección mineira e impedir estas prácticas fraudulentas.

Méndez Romeu reclamou á Consellería de Economía e Industria que “explique si ten constancia de actuacións do deputado do PP implicado no caso que tivo que dimitir con funcionarios ou directivos” deste departamento. Dixo que, de acordo coa información que vai sendo feita pública, “ten asumido un presunto delito coa finalidade de influír sobre persoas que podían ter relevancia na toma de decisións da Consellería”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar