Os socialistas critican o "clientelismo" da Xunta na concesión das subvencións ós concellos

Os socialistas critican o "clientelismo" da Xunta na concesión das subvencións ós concellos

Os socialistas critican o “clientelismo” da Xunta na concesión das subvencións ós concellos

A deputada socialista Begoña Rodríguez Rumbo criticou esta mañá o “clientelismo” da Xunta na concesión das subvencións ós concellos, acusándoa de distribuír subvencións “só a quen lle interesa”. E lembroulle ó executivo galego que “mellorar a sociedade galega pasa por mellorar a vida de tódolos concellos, non só daqueles nos que goberna o PP”.

Rodríguez Rumbo interveu na comparecencia da Directora Xeral de Administracións Públicas na Comisión de Xustiza, á que afeou que “os populares levaban sete anos sen convocar a Comisión Galega de Cooperación Local”, explicando que “na época do bipartito aumentamos 40 millóns o Fondo de Cooperación Local, mentres que a día de hoxe mantense practicamente a mesma cantidade que no 2008”.

Nesta liña, criticou o “baixo cumprimento do Pacto Local”, subliñando que “o apoio se demostra nos feitos, non nos papeis e nas palabras”, e reclamando que “a financiación e as subvencións deixen de ser condicionadas, e se incorporen ó Fondo de Cooperación Local”.

A portavoz socialista de Política Local insistiu na necesidade de defender “un equilibrio real no ámbito territorial, de crecemento económico, e de emprego”, cun sistema co que “os concellos que xa teñen deficiencias non teñan que facer fronte a máis problemas”.

“A Xunta non asume as competencias que lle son propias, e tampouco aporta ós concellos os recursos que precisan para facer efectivas as competencias que lles outorga a lei”, engadiu.

Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE

Patricia Torres

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar