Os socialistas critican a “talla moral” de Feijóo por acusar aos deputados de preocuparse polo salario “logo de 23 anos ostentando cargos públicos”

Os socialistas critican a “talla moral” de Feijóo por acusar aos deputados de preocuparse polo salario “logo de 23 anos ostentando cargos públicos”

Os socialistas critican a “talla moral” de Feijóo por acusar aos deputados de preocuparse polo salario “logo de 23 anos ostentando cargos públicos”

Abel Losada acusa ao PP de votar contra a Lei ao rexeitar unha moción para que Feijóo dea conta do financiamento irregular do PPdeG e entregue os contratos da Xunta coas empresas que fixeron doazóns irregulares a este partido

Abel LosadaO parlamentario socialista Abel Losada criticou a “talla moral” demostrada por Feijóo ao criticar un suposto interese polo salario e o escano cando a realidade é que “leva 23 anos ostentando cargos públicos”. Así o dixo no debate dunha moción para que Feijóo compareza sobre o presunto financiamento irregular do PPdeG e pedirlle que cumpra coa obriga legal de entregar información ao Parlamento, rexeitada polo PP, “votando contra o cumprimento da Lei”.

O deputado socialista criticou que o presidente da Xunta teña respondido atacando aos deputados para dicir que a redución de deputados constituía a un “falso debate sobre a representatividade” cando a realidade é que o PSdeG nunca se negou a unha redución de salarios pero si á redución de deputados sen consenso.

Losada dixo que “o desapego da cidadanía coa política non o da un berro no Parlamento, dáse cando son absolutamente conscientes de que os responsables políticos menten de maneira indecente”.

Así, denunciou o “cinismo” demostrado polo PP cando o seu presidente “dixo solemnemente que hai que echar a los indecentes pero a realidade é que non da a cara” polo financiamento irregular do seu partido ou polas relacións contractuais do goberno galego co narcotraficante Marcial Dorado, amigo persoal de Feijóo.

Criticou así o “absoluto relativismo moral” do PP que, logo de promulgar o rexeitamento da corrupción, presentan listas electorais “trufadas de imputados”, en alusión aos 10 imputados dos 13 concelleiros cos que conta o PP no Concello de Santiago. Lembrou así o pasaxe bíblico do evanxelio segundo San Mateo (capítulo 23, versículo 27) cando fala de “sepulcros blanqueados” que agochan a “inmundicia” do seu interior.

Intolerable
O deputado socialista considerou “intolerable” que o PP, o partido que apoia ao goberno galego, vote no Parlamento “en contra de cumprir a Lei”, o que “amosa a calidade democrática” na que Feijóo ten situado ás institucións galegas. Acusou á Xunta de prexudicar a confianza nas institucións por “agochar sistematicamente información” e vulnerar a Lei dende o propio goberno.

Acusou ao PP galego de adoptar a doutrina Cospedal, que representa “o peor da fidalguía española: paso á fronte, mirada alta e mala leche” logo de negarse a incumprir a Lei entregando a documentación solicitada dende o Parlamento. Lembrou que o propio Rajoy dixo que todo era falso “menos algunha cousa” e Cospedal retirou a demanda contra El País pola revelación do financiamento irregular do PP.

O PP rexeitou hoxe unha moción do PSdeG para reclamar a comparecencia de Feijóo para ofrecer “as explicacións necesarias en relación ao presunto financiamento irregular do PPdeG vinculado á súa etapa como vicepresidente da Xunta de Galicia e conselleiro de obras públicas, rematando coa estratexia de silencio e ocultación mantida ata hoxe”.

Tamén reclamoulle ao goberno galego “cumprir coa normativa en vigor e facilitar, en tempo e forma, a información e documentación solicitada polos deputados e deputadas da Cámara galega, dando traslado da requirida pendente de recibir”.

Reclamou incluír a información “correspondente á relación existente entre a Administración autonómica coa información en relación ao coñecido como caso Bárcenas, que se derivaría das adxudicacións realizadas entre xaneiro de 2002 e xullo de 2005 ás empresas FCC, OHL e ACS”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar