Os socialistas critican “a redución dos orzamentos para loitar contra o desemprego” e as políticas laborais do PP, “que só provocan pobreza e desigualdade”

Os socialistas critican “a redución dos orzamentos para loitar contra o desemprego” e as políticas laborais do PP, “que só provocan pobreza e desigualdade”

Os socialistas critican “a redución dos orzamentos para loitar contra o desemprego” e as políticas laborais do PP, “que só provocan pobreza e desigualdade”

María QuintasA portavoz de Emprego dos socialistas galegos no Parlamento, María Quintas, criticou no pleno “a redución nos Orzamentos da Xunta das partidas para a loita contra o desemprego”, lamentando que as políticas laborais do PP “só provocan pobreza e desigualdade”.
“A política de emprego do Partido Popular se define en que o salario dos primeiros executivos do Ibex medrou un 80% en 2014 e o salario medio do traballador un 1,8%”, afirmou Quintas nunha interpelación ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.
En opinión da deputada socialista, “tamén hai violencia contra a muller cando as políticas do PP fan que exista unha fenda salarial de xénero do 31% e que as mulleres accedan en maior medida ao mercado laboral con empregos precarios; oito de cada dez empregos a tempo parcial son desempeñados por mulleres”.
A socialista lembrou outros datos, como o que reflicte que “a retribución media dos galegos no ano 2014 foi de 17.729 euros anuais, o que indica que perderon un 13% do seu poder adquisitivo respecto de 2010, e que temos en Galicia máis de 300.000 persoas que son traballadores pobres”.
“Deteriorar a calidade do emprego, devaluar os salarios e precarizar as relacións laborais é o camiño e o obxectivo do PP para que sexamos unha sociedade desigual, inxusta e ineficiente; si algo acadou esta crise é que agrandou as diferenzas e as políticas populares non teñen intención de mudar a tendencia”, apuntou.
“A realidade é que nos venden que o emprego crece, e sendo isto falso, o peor é que os traballos que se crean son de peor calidade e a temporalidade é a máis alta dende 2009”, engadiu, “e para aportar solucións non abonda con mudar persoas no goberno, cómpre mudar as políticas”.
“No actual contexto, o orzamento desta consellería reflicte a falla de estratexia para abordar os problemas; con máis parados e menos ocupados, hai menos orzamento á loita contra o desemprego, 2.500 euros por parado no 2009 fronte a 850 euros por parado no 2015”, manifestou Quintas, que aseverou que hai reducións orzamentarias de máis do 50% noutros programas como o de promoción do emprego, fomento da empregabilidade e mellora da cualificación no emprego.
“Vostede herda unha consellería cun fracaso estrepitoso en políticas de emprego e cunha historia presuntamente delitiva na xestión nos cursos de formación e no presunto desvío de fondos públicos para financiar ilegalmente ao Partido Popular”, rematou a socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar