Os socialistas critican a política económica da Xunta, “que cumpre co déficit mentres aumenta a desigualdade, a austeridade leva ao fracaso”

Os socialistas critican a política económica da Xunta, “que cumpre co déficit mentres aumenta a desigualdade, a austeridade leva ao fracaso”

Os socialistas critican a política económica da Xunta, “que cumpre co déficit mentres aumenta a desigualdade, a austeridade leva ao fracaso”

Os socialistas galegos criticaron no pleno do Parlamento a política económica da Xunta, “co único obxectivo de cumprir co déficit mentres aumenta a desigualdade, a austeridade leva ao fracaso”.

En resposta a unha comparecencia do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, o deputado socialista Juan Carlos González Santín lembrou que “Galicia tamén cumpriría co obxectivo do déficit gastando 73 millóns de euros máis, unha cifra importante na situación de crise actual”.

“Presume duns resultados e é certo que os datos macro son mellores, pero o goberno galego practica unha austeridade que leva ao fracaso, os recortes e a desigualdade”, manifestou Santín, que lamentou a escasa aposta polas políticas activas de emprego ou o gasto social.

“Galicia ten que cambiar o seu rumbo, loitar por un cambio no sistema de financiamento autonómico e traballar para unha maior igualdade social, de nada serve cumprir co déficit se non hai solucións para o desemprego e as dificultades das familias”, aseverou.

Na súa quenda de réplica, Santín demandou “un plan a medio e longo prazo para recuperar o investimento público en I+D+i e conseguir que volvan a Galicia os recursos humanos perdidos, os novos e novas que fan o seu traballo lonxe de aquí”.

“Hai que dinamizar o Igape, apostar pola igualdade entre homes e mulleres e chegar a un 5% do PIB en educación, co obxectivo de subir ao 7% no ano 2020”, engadiu O socialista, que rematou apuntando “o problema que ten Galicia coa poboación envellecida”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar