Os socialistas critican a pasividade da Xunta ante a privatización encuberta de Tragsa, un paso máis no desmantelamento do sector público

Os socialistas critican a pasividade da Xunta ante a privatización encuberta de Tragsa, un paso máis no desmantelamento do sector público

Os socialistas critican a pasividade da Xunta ante a privatización encuberta de Tragsa, un paso máis no desmantelamento do sector público

“Mentres plantéxase o ERE na empresa, o Goberno coloca a tres persoas vinculadas a Arias Cañete como directivos”, asegura a deputada socialista María Quintas

O pasado 30 de setembro, Tragsa presentou un expediente de regulación de emprego que afectará a 160 persoas en Galicia

Os socialistas lamentaron hoxe no Parlamento a privatización encuberta do grupo Tragsa, que presentou en setembro de 2013 un ERE que afectará a 160 persoas en Galicia. “É un paso máis no desmantelamento do sector público por parte do Partido Popular, co obxectivo de entregar o negocio aos grandes intereses privados”, afirmou a deputada María Quintas.

Nunha pregunta oral na Comisión de Emprego, a deputada socialista lamentou que Tragsa teña a intención de subcontratar o 50% da súa actividade, nunha decisión unilateral “que provocará que a empresa sexa cada día máis deficitaria”. Quintas lembrou que grazas á reforma laboral do PP, o sector público destruíu nos últimos dous anos case 375.000 empregos

“Durante a presidencia de Feijóo, o paro medrou en Galicia un 70% e o número de fogares nos que todos os seus membros están desempregados ascende a 92.800, o que reflexa un incremento dun 108% respecto ao ano 2009”, explicou Quintas para contextualizar a situación, sen que o director xeral de Traballo da Xunta, Odilo Martiñá, fose quen de explicar cal será a liña estratéxica de Tragsa e doutras compañías públicas a curto prazo.

Quintas manifestou tamén a perplexidade dos socialistas ante a entrada na dirección de Tragsa de tres persoas vinculadas ao ministro Miguel Arias Cañete mentres se lles plantexa o ERE aos sindicatos. “Máis de 200 directivos da empresa cobran por enriba do presidente do Goberno, que por lei ten un soldo de 78.185 euros ao ano; o salario medio na sede central do grupo en Madrid é de 109.000 euros anuais, mentres que o 50% dos traballadores do grupo non cobra máis de 20.000 euros”, engadiu.

Os recortes de emprego afectan tamén á filial Tragsatec, “pero na externalización do Fogasa, o Ministerio pagará 3,5 millóns de euros a Tragsatec para que xestione os 180.000 expedientes atrasados; curiosamente, o grupo contratou persoal externo para facer estes traballos, en lugar de empregar ao seu equipo, unha situación inexplicable”, dixo Quintas.

Por último, os socialistas lembraron as afirmacións dos sindicatos sobre a retención da execución de obras en Tragsa para aparentar menos beneficios, “mentres se considera unha partida de gastos de 16 millóns de euros para facer fronte ás indemnizacións derivadas dos despidos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar