Os socialistas critican a “paralización e atrofiamento” das obras públicas xestionadas pola Xunta

Os socialistas critican a “paralización e atrofiamento” das obras públicas xestionadas pola Xunta

Os socialistas critican a “paralización e atrofiamento” das obras públicas xestionadas pola Xunta

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal, criticou a “paralización e atrofiamento” das obras públicas xestionadas pola Xunta. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Infraestruturas na Comisión de Orzamentos do Parlamento, que tivo lugar hoxe, na que lembrou o descenso do 51 por cento na licitación de obra pública no que vai de ano.

Sinalou que “non é un problema de orzamentos, é un problema de incompetencia para xestionar os recursos” que fan do goberno galego “unha ruína para Galicia”, xa que comprometen mais débeda, reducen o investimento e incrementan o paro. Acusou ao conselleiro de estar “paralizado polos seus problemas coa xustiza” pola presunta licitación en falso de obras, “mentres culpan ao fiscal da imputación dos seus altos cargos” na Operación Campeón.

López Vidal acusou á Xunta de carecer de “proxecto de país” e castigar as infraestruturas galegas a través de “recortes e reprogramacións continuas” a pesares de ter deixado sen executar 243 millóns de euros de 2010 e paralizar obras “por non pagar as certificacións”. Reclamou que expliquen “onde están os 3.000 millóns de euros de débeda pública asumidos por Feijóo” dende a súa chegada ao goberno galego.

Acusou ao conselleiro de “desprezar” a política de vivenda pública para “volver á cultura da especulación” cun descenso do 60 por cento nas partidas do Instituto Galego de Vivenda e Solo ou a rebaixa do 70 por cento das axudas á rehabilitación dos concellos con relación ao ano 2009. Dixo que incumpriron o compromiso de licitar 118 vivendas de promoción pública que “non aparecen por ningún lado”.

Lamentou que a xestión de Feijóo “volve aos tempos da longa noite de pedra do urbanismo” cun descenso de 27,7 millóns de euros para ordenación do territorio dende 2009 –un 17 por cento-. A Xunta, dixo, carece de política de solo empresarial e destina “axudas claramente insuficientes” ao planeamento urbanístico, co que “volven os tempos de todo vale” e de desprotexer o territorio como en Barreiros ou na Costa da Morte.

Medio ambiente

Engadiu que o Medio Ambiente é o “gran esquecido e sacrificado dos orzamentos de 2012”, cunha redución de 56,5 millóns de euros do destinado o ano pasado, mentres Augas de Galicia diminúe o seu orzamento un 71 por cento con relación a 2009. Denunciou que a obra hidráulica non recibe o incremento de recursos prometidos pola aplicación do “canon da auga” e do imposto polo “coeficiente de vertido”.

López Vidal apuntou que aplican unha “normativa ambiental laxa para desprotexer o territorio”, mentres a blindaxe da obra hidráulica para sanear as rías, de acordo coa obriga da UE, “converteuse tamén nunha falsa promesa”. Sinalou que “hoxe non temos nin depuradoras de augas residuais, nin estacións de tratamento de auga potable, nin abastecementos nin saneamento”.

Engadiu que fan de Sogama “o xudas escariote das partidas orzamentarias”, xa que asume 104 millóns de euros cando “o lixo non se trata, almacénase sen clasificar”, e as perdas acumuladas durante dous anos “non se declaran ou demóstranse falsas”.

En materia de mobilidade, engadiu que o transporte público está “peor que nunca” pola “desvalorización provocada dende o goberno galego” que non executa os proxectos nas principais cidades, mantén o rural sen servizo e paralizan o metro lixeiro das cidades da Coruña, Santiago e Vigo.

Infraestruturas

López Vidal denunciou un descenso do 41 por cento nas partidas destinadas ás infraestruturas, pasando de 450,3 millóns de euros en 2009 aos 283,4 para o ano 2012, mentres nos nove meses de ano en Galicia descendeu a licitación de obra pública nun 51 por cento, co que a Xunta “estrangula a actividade económica de Galicia”.

Deste xeito, advertiu a “reprogramación e paralización” das principais obras de Galicia, como a autovía Vilagarcía – Pontevedra, a Vía Ártabra, ou as vías de altas prestacions Sarria – Monforte, Tui – A Guarda, Ramallosa – A Estrada. Idéntico destino seguen os corredores Ferrol – San Cibrao ou Brión – Noia, así como a conexión da A – 52 co Polígono Industrial de San Cibrao e Val de Rábeda.

Citou tamén as paralizacións das variantes de Carballo, Burela, A Guarda, ou Cangas – Moaña, mentres eluden o seu compromiso coas infraestruturas comprometidas nas principais cidades galegas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar